InicioSOCIEDADEPacientes do CHUS dubidan do compromiso Valedora-Xunta: "Levamos cinco anos con axendas...

Pacientes do CHUS dubidan do compromiso Valedora-Xunta: “Levamos cinco anos con axendas ilegais, o escepticismo é inevitable”

A asociación critica que o Sergas só prometa revisar o sistema de ‘caixa de correos’ tras a mediación da Valedora do Pobo e avisa: se non hai rectificación, levarán o conflito "a outro nivel"

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) amosou o seu “escepticismo” ante o escrito emitido pola Valedora do Pobo no que resolve a queixa presentada pola asociación e outras oito entidades en relación ao sistema de axendas dinámicas, coñecido como ‘caixa de correos de pacientes’. No escrito, o organismo deixa constancia por escrito do compromiso verbal realizado pola Consellería de Sanidade na reunión mantida o 4 de novembro de que procederán a revisar o sistema.

“A nosa experiencia como pacientes e usuarios do Sergas fai que conservemos unha alta dose de escepticismo, alimentado nestes 11 anos de existencia co reiterado caso omiso que desde os órganos directivos se fai das denuncias, e tendo en conta que levan cinco xestionando as axendas á marxe da legalidade“, lamentan. Así as cousas, destacan que, agora, se o departamento autonómico non rectifica, non desatende unicamente a petición da asociación, senón que “faltará a un compromiso adquirido coa institución da Valedora do Pobo”. Nesta liña, avanzan que se non se produce a rectificación, estudarán e proporán ao resto de entidades as medidas “que se considere oportuno tomar no futuro”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...