InicioSOCIEDADEO Goberno local de Santiago e o PSOE reúnense para avanzar nos...

O Goberno local de Santiago e o PSOE reúnense para avanzar nos orzamentos de 2026

O encontro analiza compromisos cumpridos e pendentes en vivenda, transporte e educación

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno local de Santiago, formado por BNG e Compostela Aberta, mantivo este xoves unha reunión co Grupo Municipal Socialista no marco do proceso de elaboración dos orzamentos para 2026.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu o encontro, no que tamén participaron a tenente de alcaldesa, María Rozas, a portavoz do Goberno, Míriam Louzao, e o concelleiro de Facenda, Manuel César. Segundo explicou o Executivo municipal, a reunión, que durou máis dunha hora, serviu para facer balance dos compromisos asumidos para a aprobación das contas municipais. Entre os avances, destacan a posta en marcha da recarga municipal sobre o imposto de estancias turísticas e medidas vinculadas á vivenda, como a reserva de polo menos o 45% de vivenda protexida no centro e a solicitude de declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado.

Porén, o portavoz socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu que existen acordos pendentes, como a xestión da auga, o contrato de transporte, a cuberta do pavillón do IES de Fontiñas, a reforma do pavillón de Lamas de Abade e o complexo deportivo de Santa Marta, que aínda non se puxeron en marcha. Guinarte insistiu na importancia de cumprir estes compromisos antes de iniciar novas negociacións, asegurando que o PSOE permanecerá vixiante para que os acordos pendentes se materialicen canto antes.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...