InicioSANTIAGOElena Vázquez Abal e Manuel Gago Mariño gañan os primeiros premios á...

Elena Vázquez Abal e Manuel Gago Mariño gañan os primeiros premios á divulgación científica da USC

A universidade distingue a traxectoria divulgadora da profesora de Matemáticas e o uso innovador dos medios dixitais do profesor de Comunicación

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela entregou os primeiros premios á divulgación científica, uns galardóns que nacen co obxectivo de recoñecer o labor do persoal investigador na comunicación social da ciencia. Na súa primeira edición, as distincións recaeron en Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas, e Manuel Gago Mariño, docente da Facultade de Ciencias da Comunicación. Cada premio está dotado con 2.500 euros e conta co apoio da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e do xornal La Voz de Galicia.

Na modalidade que premia unha traxectoria consolidada de divulgación, o xurado destacou o traballo de Vázquez Abal, pola súa capacidade para facer comprensibles conceptos complexos da xeometría diferencial e por achegar as matemáticas á sociedade con claridade e rigor. O seu labor abrangue iniciativas tan diversas como ciclos de charlas en espazos informais, concursos audiovisuais ou proxectos educativos, entre eles o Consultorio VideoMatemático e MatHex. O comité valorou especialmente o impacto social e educativo das súas actividades, o seu compromiso coa igualdade de xénero e a defensa do galego como lingua de divulgación científica.

Pola súa banda, Manuel Gago Mariño foi recoñecido na categoría destinada a novas audiencias, que distingue o uso creativo das plataformas dixitais e formatos emerxentes. O xurado subliñou o carácter pioneiro e transversal da súa traxectoria, que combina historia, cultura e tecnoloxía para atraer públicos diversos. O profesor é coñecido polo seu blog ‘Capítulo Cero’, pioneiro na divulgación cultural e arqueolóxica galega, e por proxectos como o videoxogo ‘Xogos populares de Galicia’ ou experiencias de realidade virtual inmersiva aplicadas á historia. Ademais, salientouse o seu uso innovador de redes sociais, podcast e contido audiovisual, así como o deseño participativo e accesible das súas propostas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here