InicioCULTURAQuen era Luz Fandiño? As galegas despídense desta recoñecida poeta compostelá

Quen era Luz Fandiño? As galegas despídense desta recoñecida poeta compostelá

Publicado o

Por Míriam Ferraces Fernández

Marina Luz Fandiño Rodríguez, máis coñecida como Luz Fandiño, unha das máis ilustres poetas que viu nacer Santiago de Compostela, faleceu o pasado domingo 28 de abril aos 92 anos. Co seu paso deixou unha profunda pegada no panorama cultural galego, pero, quen foi esta muller que enriqueceu as nosas vidas coa súa poesía e a súa comprometida militancia?

Nada no barrio de Sar en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1931, Luz Fandiño iniciou unha vida marcada pola literatura e o activismo dende moi nova. A súa mocidade estivo definida pola emigración, primeiro a Arxentina e máis tarde a Francia, experiencias que enriqueceron a súa visión do mundo e influíron profundamente na súa escrita. En 1979, tras estes anos de maduración persoal e profesional, Luz regresou a Santiago onde comezou a destacar como voz influínte na literatura galega. Os seus versos, cheos de honestidade e forza, reflexan as vivencias dunha muller comprometida coa súa época e coa súa xente. 

Pero o legado de Luz Fandiño non se limita á poesía, xa que a súa vida estivo marcada pola militancia en causas sociais e políticas.  Colaborou activamente con medios como Radio Galega e participou en múltiples colectivos culturais como Redes Escarlata e Mulheres Trasgredindo, dedicándose tanto á defensa da lingua galega como ao empoderamento feminino a través da poesía. A súa participación activa en campañas sociais xogou un papel crucial no fomento dunha conciencia crítica entre os galegos.

Os recoñecementos a Luz Fandiño ao longo da súa traxectoria son testemuña do seu impacto duradeiro na cultura galega. En 2019, foi galardoada co XI Premio Freire Carril de Agromadas de Seixalbo; dous anos máis tarde, recibiu o XX Premio Ramón Piñeiro “Facer País” e en 2023, a Diputación Provincial da Coruña outorgoulle o VII Premio “Begoña Caamaño” á acción cultural pola igualdade de xénero. Ademais, a súa vida e legado foron inmortalizados no documental ‘A poeta analfabeta’, dirixido por Sonia Méndez en 2020, que non só explorou a súa obra literaria senón tamén o seu activismo, o que consolidou -ainda máis- a súa obra e activismo. 

Dende onte, as galegas despiden a unha das súas máis grandes voces poéticas. Nas redes sociais, os seus  admiradores expresan o seu pesar pola perda dunha muller que deixou unha pegada imborrable nas nosas vidas. “Hoxe é un día moi triste en Compostela e na Galiza. O Concello lembrará quen con tanto entusiasmo viviu e loitou connosco“, escribiu Goretti Sanmartin, alcaldesa de Santiago de Compostela en Twitter.

Outro admirador escribía: “Inesquecíbel #LuzFandiño aquel 8F reprendendo os antidisturbios despois das cargas“.

 

As mensaxes de agradecemento e admiración encheron as redes sociais, testemuño do impacto que a súa obra tivo nas vidas de moitas persoas.

Luz Fandiño deixa un baleiro irreparable na cultura galega. A súa poesía seguirá recordándonos a importancia de loitar polos nosos soños e ideais, e aínda que a súa luz se apague na terra, o seu legado permanecerá naqueles que atoparon na súa obra inspiración e consolo.

 

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here