InicioECONOMÍARaxoi sanciona a Urbaser con preto de 20.000 euros por incumprimentos no...

Raxoi sanciona a Urbaser con preto de 20.000 euros por incumprimentos no servizo de recollida do lixo

O Concello impón cinco multas á concesionaria por deficiencias en persoal, medios técnicos e limpeza de colectores, e aplica ademais descontos mensuais por servizos non prestados

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago impuxo cinco sancións que suman 19.025,91 euros á empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos, por distintos incumprimentos das condicións contractuais.

Segundo informou o Goberno local nun comunicado, a resolución declara a compañía “responsable das infraccións en materia de medios persoais, materiais, reposición e substitución de illas enterradas, cuarteis non operativos e limpeza e desinfección de colectores”, cometidas na execución do contrato municipal.

Raxoi rexeitou as alegacións presentadas pola empresa ao considerar que “non desacreditan os feitos probados”. Entre as sancións destaca unha infracción moi grave, valorada en 9.015,19 euros, pola falta de medios persoais comprometidos no contrato. A isto súmase unha falta grave de 3.005,6 euros pola demora na posta a disposición da infraestrutura informática e tecnolóxica prevista.

Tamén se impoñen dúas faltas leves, de 1.000 euros cada unha, pola demora na reposición de illas enterradas e pola inactividade dun dos cuarteis da brigada de limpeza, ademais dunha nova infracción grave, con sanción de 6.005,12 euros, por deficiencias na limpeza e desinfección de colectores.

Ademais destas penalizacións, o Concello aplica descontos mensuais polos servizos non prestados, de acordo coas auditorías realizadas. Entre xaneiro e setembro de 2025, estes descontos sumaron 128.636,69 euros.

Dende Raxoi subliñaron que o Goberno local “mantén a vixilancia sobre o cumprimento escrupuloso do contrato para velar polo interese xeral”, incidindo en que se continuará avaliando de forma regular o funcionamento do servizo de recollida de lixo na cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...