InicioPOLÍTICAO PSOE compostelán acusa ao Goberno local de falta de transparencia na...

O PSOE compostelán acusa ao Goberno local de falta de transparencia na xestión do transporte público e dos parkings municipais

Os concelleiros Marta Abal e Gumersindo Guinarte reclaman avances na licitación do novo contrato de autobuses, na municipalización dos aparcadoiros e na cobertura de prazas no servizo de bombeiros

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago pediu este mércores ao Goberno local que sexa “máis transparente e dilixente” na xestión dos principais servizos públicos vinculados á mobilidade e á seguridade cidadá. En rolda de prensa, os concelleiros Gumersindo Guinarte e Marta Abal reclamaron explicacións sobre o atraso na licitación do novo contrato de autobuses urbanos, a situación dos taxis e dos VTC, o proceso de municipalización dos aparcadoiros da Praza de Galicia e Praza de Vigo, e a falta de avances na convocatoria de prazas no parque de bombeiros.

Guinarte lembrou que o contrato de transporte urbano leva “case dez anos en situación precaria” e criticou que, malia o anuncio do Goberno de Goretti Sanmartín en xuño, “non se coñeza aínda o contido dos informes nin os estudos que sustentan o novo modelo de servizo”. O edil advertiu que o plan de contratación de 2025 eleva o investimento previsto a 236 millóns de euros en 13 anos, cincuenta máis que o proxecto anterior, sen que se teña aclarado “se esa diferenza a asumirán os usuarios do bus ou o propio Concello”.

Segundo explicou, persisten “numerosas queixas dos usuarios” por atrasos, cancelacións e deficiencias no servizo, especialmente nas liñas 6, 6A e 1, así como pola falta de marquesiñas e accesibilidade. “A aplicación ‘Máis Bus’ non funciona correctamente e moitos paneis informativos están fóra de servizo”, engadiu.

En relación coa rede de aparcadoiros, o portavoz socialista referiuse á vencemento da concesión da Praza de Galicia e á próxima finalización da de Praza de Vigo, prevista para outubro de 2026. O grupo apoia a opción da municipalización, pero denuncia a parálise do proceso: “A comisión creada reuniuse en abril e non volveu facelo; o verán xa pasou e seguimos sen avances”. Para Guinarte, é preciso “axilizar a tramitación para evitar novas ordes de continuidade” e garantir tarifas accesibles, descontos ao comercio e prazas reservadas para residentes da zona histórica.

Sobre o sector do taxi, o edil afirmou que “os prazos son excesivos e deben acurtarse” e reclamou que o Concello faga pública a súa posición respecto ás VTC, tras a reunión mantida pola Xunta con FEGAN e os tres grandes concellos galegos. “Descoñecemos cal é a postura do Goberno municipal e queremos claridade”, subliñou.

SOBRE AS HORAS EXTRA DE POLICÍAS E BOMBEIROS

Os socialistas insistiron ademais en que a situación do parque de bombeiros non se resolverá “cun simple pago puntual de horas extraordinarias”, senón cunha planificación estrutural que garanta un cadro de persoal axeitado ás necesidades actuais do servizo. Guinarte advertiu de que “non se pode seguir adiando unha convocatoria que é imprescindible para garantir a seguridade cidadá” e reclamou á alcaldesa “un exercicio real de xestión e de diálogo cos sindicatos para poñer fin á precariedade que padecen estes corpos municipais”.

Marta Abal engadiu que o grupo socialista “non vai entrar en demagoxias” e que o seu posicionamento “será sempre en defensa dos servizos públicos esenciais”, lembrando que tanto bombeiros como policía local “sostéñense hoxe grazas ao esforzo de persoal que acumula xornadas e responsabilidades por riba do razoable”. “O Concello debe deixar de parchear e ofrecer solucións estables, con procesos selectivos abertos e negociados, e non seguir dependendo de horas extra como fórmula de funcionamento habitual”, apuntou.

Neste sentido, ambos concelleiros reiteraron que a falta de planificación de persoal é unha constante no actual mandato e reclamaron que o Goberno local presente “un calendario claro de incorporacións e reforzos” tanto nos servizos de emerxencia como noutros departamentos municipais. “A alcaldesa é quen debe coordinar as súas áreas e garantir que os servizos básicos da cidade funcionen con normalidade”, concluíron.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here