InicioECONOMÍASanmartín define a obra da depuradora da Silvouta como un “momento histórico”...

Sanmartín define a obra da depuradora da Silvouta como un “momento histórico” e Ames pide máis coordinación

A alcaldesa compostelá asegura que se están corrixindo décadas de verteduras mentres o alcalde de Ames reclama ampliar a planta de Sisalde

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cualificou a obra de ampliación e modernización da depuradora da Silvouta como un “momento histórico” para a cidade e a súa contorna, ao tempo que advertiu da necesidade de manter “todos os controis” durante o proceso.

Sanmartín respondeu así ás preguntas dos medios sobre as demandas do Concello de Ames tras a vertedura producida no río Sar o pasado 12 de outubro. Indicou que o goberno compostelán está “en contacto permanente” coas entidades implicadas e que os traballos actuais “buscan poñer remedio a moitos anos de verteduras nos que a antiga depuradora non foi suficiente para tratar toda a auga”.

“A obra da Silvouta é un momento histórico, pero durante a súa execución debemos garantir todos os controis”, subliñou a rexedora, quen destacou que o Concello mantén un “diálogo continuo” cos responsables da xestión da planta, coas empresas adxudicatarias e con Augas de Galicia, entidade competente na supervisión do proxecto.

Pola súa banda, o alcalde de Ames, Blas García, reclamou “maior información e coordinación entre administracións” tras o episodio de contaminación e insistiu na necesidade de ampliar a depuradora de Sisalde, que dá servizo ao municipio. “O Sar leva anos sufrindo problemas e agora estanse facendo obras para poñerlles fin, pero isto non se arranxa só coa depuradora da Silvouta”, sinalou.

García lembrou que o deterioro do río é unha cuestión de longa data: “Os veciños contan que hai anos podían bañarse e coller troitas no Sar; hoxe é imposible”. O rexedor insistiu en que o novo sistema de saneamento debe contemplar unha mellora integral que inclúa tanto Compostela como Ames para garantir a recuperación ambiental do río Sar.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

A USC lanza un plan para aliviar a presión da vivenda universitaria en Santiago e Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela presentou este venres o seu novo Plan Social...

Dúas gasolineiras en Santiago entre as máis baratas na AP-9 en período vacacional xunto a outra de Ferrol

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) realizou un estudo sobre as gasolineiras máis...

Persoal do transporte de mercadorías reclama un “convenio provincial digno” en Santiago

Persoal do transporte de mercadorías por estrada, convocado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT,...