InicioSOCIEDADEGoretti pide tempo para pechar o acordo con Policía e Bombeiros en...

Goretti pide tempo para pechar o acordo con Policía e Bombeiros en plena crise laboral

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegura que as negociacións "avanzan" e que xa se prepara o pago das horas extra pendentes, pero admite que aínda faltan estudos orzamentarios para definir complementos e calendarios.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que as negociacións cos sindicatos sobre o conflito con bombeiros e policías “avanzan”, pero é necesario “tempo para estudar todas as propostas”. Preguntada polos medios de comunicación este martes polo estado das conversacións, a mandataria municipal sinalou que “se necesita tempo para estudar as propostas, mirar as opcións, os encaixes que se teñen desde o punto de vista orzamentario e planificar o calendario, os tempos e cantidades“.

Neste contexto, indicou que se están tratando diferentes cuestións e que hai un “bo espírito de traballo dentro do grupo que se creou para este fin”. “Por unha banda está moi avanzado o tema do expediente para o pago das horas extraordinarias que están pendentes e doutra banda estase falando desa cantidade que debe de ir no complemento específico asociado á nocturnidade e festividade“, explicou. Ademais, ampliou, tamén se está falando de temas que teñen que ver co incremento da cantidade que se paga pola hora extraordinaria.

Segundo a alcaldesa, algúns deles son temas que simplemente se desenvolveron no propio Concello e outros “requiren dun estudo e análises específicas” para “determinar exactamente o que a xente está a traballar e para chegar a un acordo cun calendario”. “Insisto en que creo que se avanza, pero o que temos que facer é deixar que se poida negociar, con calma e tranquilidade e poder ter tempo tamén para estudar todas as propostas”, concluíu.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...

María Rozas destaca o labor da Plataforma polo Emprego na inserción laboral de persoas en risco de exclusión

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou...