InicioCULTURACineuropa homenaxea o cineasta palestino Kamal Aljafari co Premio Cineuropa 2025

Cineuropa homenaxea o cineasta palestino Kamal Aljafari co Premio Cineuropa 2025

O director recibirá o galardón este martes no Teatro Principal, onde se proxectará o seu filme With Hasan in Gaza

Publicado o

Xornal de Compostela

O Festival Cineuropa entregará este martes, 11 de novembro, ás 20:00, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o Premio Cineuropa 2025 ao cineasta palestino Kamal Aljafari, en recoñecemento á súa traxectoria e á súa mirada persoal sobre a memoria, o territorio e o poder político das imaxes.

Segundo informou a organización, a gala de entrega incluirá a proxección do seu último traballo, With Hasan in Gaza, estreado este mesmo ano no Festival de Locarno, unha obra que continúa a liña de reflexión do autor sobre a representación da realidade palestina e a construción da memoria a través da imaxe cinematográfica.

Aljafari é considerado unha das voces máis singulares do cinema contemporáneo, cunha filmografía que transita entre o documental e o ensaio poético, na que investiga as ausencias, os espazos e os fragmentos dun país marcado pola ocupación. O seu cinema, recoñecido internacionalmente, propón unha lectura crítica do poder das imaxes e da súa capacidade para reconstruír ou borrar identidades colectivas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...