InicioSANTIAGOBRIÓNO Pleno de Brión aproba por unanimidade a actualización da taxa do...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade a actualización da taxa do lixo para 2026

A medida permitirá cubrir o custo real do servizo, segundo explicou o alcalde Pablo Lago Sanmartín

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión aprobou este luns por unanimidade, cos votos de PSOE, PP e BNG, a actualización da taxa por servizos e actividades vinculadas á hixiene urbana, nun Pleno extraordinario e urxente celebrado ao mediodía. A modificación permitirá que a nova ordenanza entre en vigor o 1 de xaneiro de 2026, adaptándose así ás directrices europeas que obrigan a cubrir o custo real dos servizos municipais.

A decisión chega poucos días despois de que a Mancomunidade Serra do Barbanza aprobara os seus orzamentos de 2025, os primeiros en dez anos, nos que se basea o estudo económico que serviu de referencia para a actualización das taxas.

A nova ordenanza establece tres tramos de pago segundo a localización e frecuencia de recollida: o rural aboará 115 euros anuais, as zonas semiurbanas 125 euros e a zona urbana, con servizo seis días á semana, 135 euros. Estes importes substitúen a cota única anterior de 93,44 euros, vixente ata agora. Ademais, engádese unha nova taxa de 195,63 euros para as vivendas de uso turístico inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), mentres que o resto de epígrafes da ordenanza permanecen sen cambios.

O alcalde Pablo Lago Sanmartín explicou que a revisión “vén dada porque a Unión Europea di que hai que cobrar o que custa o servizo”, e subliñou que os novos importes “responden ao estudo realizado pola Mancomunidade Serra do Barbanza”. Lago destacou tamén o feito de que Brión leva “actualizando as taxas cada ano”, o que permite manter cifras “máis moderadas que noutros concellos asociados”.

Durante a sesión, os tres grupos municipais agradeceron o traballo técnico do secretario e o interventor municipal na elaboración da proposta e coincidiron en que se trata dunha medida de xestión, non de confrontación política.

No mesmo Pleno, aprobouse tamén a acta da sesión anterior e un suplemento de crédito de 234.792 euros con cargo ao remanente de Tesourería para Gastos Xerais, destinado ao pagamento de facturas por obras e servizos xa prestados. Este punto contou cos votos a favor de PSOE e PP e coa abstención do BNG.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade 2026-2030

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade o V Plan para a Igualdade...

Brión convoca novos cursos para formar produtores nas cociñas colaborativas de Montebalado

O Concello de Brión vén de abrir unha nova edición dos seus cursos de...

A Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras activar un operativo en Brión

A Garda Civil recuperou este sábado o corpo sen vida dun home localizado no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here