InicioSOCIEDADEA USC pon data para escoller novo reitorado: primeira volta o 12...

A USC pon data para escoller novo reitorado: primeira volta o 12 de febreiro de 2026

A universidade activa o calendario electoral que tamén renovará claustro, xuntas de centro e consellos de departamento

Publicado o

Xornal de Compostela

A elección da persoa que ocupará o reitorado da USC nos próximos seis anos terá lugar o 12 de febreiro de 2026, en primeira volta, e o 11 de marzo, no caso de que sexa necesaria unha segunda votación. Así o establece a convocatoria electoral que acaba de publicarse e na que se detalla o calendario do proceso para elixir á futura reitora ou reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais, tal e como destacou a institución universitaria, este luns 10 tamén foron publicadas as convocatorias de eleccións de representantes no claustro universitario e de representantes nas xuntas de centro e nos consellos de departamento. Nas tres convocatorias, as reclamacións ante a Secretaría Xeral contra o censo provisional deben formalizarse do 10 ao 14 novembro, emitíndose o día 18 deste mes a resolución da Secretaría Xeral sobre rectificación do censo. A continuación, do 18 a 21 de novembro, poderán presentarse recursos ante a Comisión Electoral Central (CEC). A publicación definitiva do censo terá lugar o día 25 de novembro.

CANDIDATURAS E CAMPAÑA

Tamén nas tres convocatorias, o prazo de presentación de candidaturas estenderase do 26 de novembro ao 5 decembro. Acto seguido, a proclamación provisional farase pública o 11 de decembro e os recursos que se estimen oportunos poderán presentarse ante a CEC entre o 12 e o 16 de decembro. A proclamación definitiva de candidaturas producirase o 19 de decembro. Xa en 2026, entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro, desenvolverase a campaña electoral, destinándose a xornada do día 11 de febreiro para a reflexión.

O 13 dese mesmo mes producirase a proclamación provisional de candidatos/as electos/as, mentres que os recursos ante a CEC contra a proclamación provisional de candidaturas electas estenderase do 18 ao 24 de febreiro. A proclamación definitiva de candidatos/as electos/as será o 26 de febreiro. Nas eleccións a reitor ou reitora, no caso de ser necesaria unha segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo. O día 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional da reitora ou reitor electa/ou, os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo, mentres que a proclamación definitiva da reitora ou reitor electa/ou será o 23 de marzo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...