InicioSANTIAGOSantiago acollerá a xornada internacional 'Francophon’IA’ sobre innovación e intelixencia artificial no...

Santiago acollerá a xornada internacional ‘Francophon’IA’ sobre innovación e intelixencia artificial no ensino do francés

Profesores de todo o mundo participarán os días 14 e 15 de novembro nun encontro na USC centrado na diversidade francófona e nas novas metodoloxías educativas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela será o escenario, os días 14 e 15 de novembro, da xornada internacional ‘Francophon’IA: quand la langue relie les cultures’, un encontro que reunirá en Compostela a profesores de francés de diferentes países para debater sobre innovación pedagóxica, diversidade lingüística e o uso da intelixencia artificial no ensino do francés como lingua estranxeira.

O evento está organizado pola Federación Española de Asociacións de Profesorado de Francés (FEAPF), a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG), a Federación Internacional de Profesores de Francés (FIPF) e a Embaixada de Francia en España, coa colaboración da Universidade de Santiago e de diversas institucións dedicadas á difusión da cultura francófona.

A edición deste ano ten como eixo central a innovación educativa e a diversidade francófona, co propósito de “acompañar ao profesorado nas transformacións pedagóxicas actuais e explorar novas formas de conectar culturas a través da lingua”, segundo explican desde a organización.

A xornada abrirase o venres ás 15:00 coa recepción dos participantes e unha cerimonia inaugural ás 16:00, tras a que se celebrará o primeiro relatorio, moderado polo profesor Julián Serrano Heras, baixo o título ‘Horizontes abertos ao multilingüismo’. O día rematará cunha primeira rolda de talleres formativos centrados en novas metodoloxías didácticas.

O sábado, o profesor Carlos Valcárcel Riveiro ofrecerá a conferencia ‘Resposta Física Total en Francés como Lingua Estranxeira’, antes de que teñan lugar tres sesións prácticas adicionais sobre motivación docente, metodoloxías lúdicas para a preparación dos exames DELF, o ensino do francés en Québec e o papel diferencial da pedagoxía.

A xornada clausurarase cunha conferencia da presidenta da FIPF, Cynthia Eid, titulada ‘Repensar e aumentar un curso de francés como lingua estranxeira con IA’, que afondará nas posibilidades que ofrecen as novas ferramentas dixitais para o ensino das linguas.

Entre os obxectivos principais do encontro figuran reforzar o plurilingüismo en Galicia e en España, promover a conciencia francófona e favorecer o intercambio profesional e a formación continua do profesorado. Santiago de Compostela convértese así, por dous días, nun foro internacional de reflexión sobre o futuro da educación lingüística no contexto dixital e multicultural actual.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...