InicioSANTIAGOO Hostal dos Reis Católicos incorpórase á rede de puntos violetas contra...

O Hostal dos Reis Católicos incorpórase á rede de puntos violetas contra a violencia machista

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, destaca a creación dun "espazo seguro e referente de igualdade" no histórico parador compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Hostal dos Reis Católicos de Santiago conta desde hoxe cun punto violeta de información e apoio ás vítimas de violencia machista, dentro do plan que impulsa o Ministerio de Igualdade en colaboración con Paradores de Turismo de España. O obxectivo é estender esta rede de protección e sensibilización aos 13 paradores galegos e ao conxunto da rede estatal, convertendo espazos emblemáticos en lugares de atención e axuda.

Durante a presentación, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou que a posta en marcha deste servizo supón “un paso máis na construción dun país máis seguro, máis xusto e libre de machismo”. Segundo afirmou, trátase de transformar lugares singulares en referentes de igualdade e protección fronte á violencia de xénero.

Blanco estivo acompañado polo director do Hostal, Santiago Carreira, e polas traballadoras Ana Lago e Carmen Rodríguez, que recibiron formación específica para actuar ante posibles casos de violencia machista. O delegado destacou tamén o “compromiso” da presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, coa implantación deste proxecto.

“Queremos contribuír activamente á concienciación e á sensibilización, transformando estes establecementos en espazos de atención, información e axuda para as vítimas”, afirmou Blanco, quen insistiu na importancia de que institucións e empresas públicas colaboren na loita contra a violencia de xénero.

Con esta actuación, o histórico edificio compostelán, símbolo da hospitalidade do Camiño de Santiago, súmase á rede estatal de puntos violetas, consolidando o seu papel como referente social e turístico tamén no ámbito da igualdade e a protección das mulleres.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...