InicioSOCIEDADEValedora do Pobo emite 608 resolucións en 2024 e obtén un 80...

Valedora do Pobo emite 608 resolucións en 2024 e obtén un 80 % de respostas positivas

María Dores Fernández Galiño destaca a boa receptividade das administracións, aínda que tivo que reiterar varias peticións.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, formulou en 2024 un total de 608 resolucións dirixidas ás administracións públicas galegas, das cales o 80 % recibiron resposta positiva. A institución destaca unha “notable receptividade” por parte das entidades ás que se dirixiu, aínda que nalgúns casos foi necesario reiterar peticións e facer advertencias formais.

Segundo o seu informe anual, en 2024 non se chegou a declarar ningunha situación de hostilidade nin de entorpecemento, aínda que se emitiron varios recordatorios de deberes legais. Entre as consellerías máis advertidas figuran Educación —14 veces—, Sanidade —9— e Facenda e Administración Pública —29—. Tamén houbo chamadas de atención á Universidade de Vigo e a diversos concellos. Por provincias, Santiago de Compostela foi o concello con máis advertencias (21), seguido de Boiro (8), Ferrol (7), Vigo (11) e O Porriño (8). En Lugo, Abadín encabezou o listado con seis, mentres que en Ourense destacaron Castro Caldelas e Verín con dúas cada un.

A Valedora tivo que reiterar solicitudes de información a diferentes organismos, incluíndo consellerías da Xunta, así como entidades privadas como Unión Fenosa, Caixabank, Naturgy, Telefónica e a Comisión Interuniversitaria de Galicia. Fernández Galiño subliñou que todas as administracións teñen o deber de colaborar para garantir a protección efectiva dos dereitos da cidadanía.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...