InicioCULTURADimite Lois Ladra como director do Museo do Pobo Galego

Dimite Lois Ladra como director do Museo do Pobo Galego

O Consello de Goberno asumirá de forma provisional as funcións de dirección ata a asemblea de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O ata o de agora director do Museo do Pobo Galego, Lois Ladra, presentou a súa dimisión por “imposibilidade de implementar o programa de actuación” co que se comprometera ao asumir o cargo en outubro de 2024. Así o confirmaron fontes da institución, logo de que o xornal Nós Diario adiantase este xoves a súa renuncia.

A presidenta do Patronato do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada, explicou que, tras a solicitude de dimisión, ambas partes decidiron “de común acordo” a súa saída “sen máis incidencias”. Losada indicou tamén que todos os membros do patronato foron informados da situación.

Dado que a Asemblea Ordinaria de socios está prevista para o mes de decembro, o Consello de Goberno do museo asumirá temporalmente as funcións da dirección ata a celebración da reunión, que se prevé para o sábado 20 de decembro.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here