InicioMOV. SOCIAISO Sergas nega o "colapso" do CHUS durante o verán e o...

O Sergas nega o “colapso” do CHUS durante o verán e o PSOE urxe medidas

"Non é estrutural, son picos que non se poden prever", sentenciou o xerente do Sergas, José Ramón Parada

Publicado o

Xornal de Compostela

O xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), José Ramón Parada, negou “colapsos” en Urxencias do complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela (USC), na Comisión de Sanidade do Parlamento galego. Foi en resposta a unha pregunta do PSOE, que demandou medidas urxentes para que non se repitan situacións como a deste verán.

“Non é estrutural, son picos que non se poden prever”, sentenciou o xerente do Sergas, que rexeitou o “escenario apocalíptico” que, ao seu xuízo, manteñen os socialistas na súa denuncia sobre “presión asistencial”.

O xerente do Sergas manifestou entender a preocupación de pacientes e familiares pero situou o ocorrido nunha “elevada demanda asistencial” por, entre outras cuestións, “fluxos epidemiolóxicos non habituais no verán”, con alusión a unha maior afectación por procesos respiratorios.

“Pero iso non significa que o sistema estea colapsado, sempre se garante a atención máis inmediata para casos máis severos, detrás de cada incidente hai equipos que actúan con responsabilidade e con protocolos definidos”, aseverou para non descartar, no entanto, melloras.

Así o expuxo na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, tras unha pregunta dos socialistas sobre os problemas provocados por “a presión asistencial” na unidade de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela este verán e as previsións da Xunta co fin de evitar estas situacións.

“A Xunta nada fixo”, afirmou o deputado socialista Aitor Bouza, que solicitou información sobre medidas “concretas” para evitar o “colapso” e a presenza, engadiu, de persoas nos corredores. “A realidade demostra que é algo estrutural e permanente no tempo”, indicou ao rexeitar que sexa algo “puntual”.

“Os datos están ben pero que vai facer a Xunta para que non volva ocorrer”, reiterou o parlamentario do PSdeG, quen incidiu en que o problema se remonta a antes deste ano. Así, remitiuse a informacións relativas a esta cuestión xa en 2019 e logo en anos posteriores.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...