InicioMOV. SOCIAISREGEIFAR celebra o inicio das obras da Cidade da Saúde, pero advirte...

REGEIFAR celebra o inicio das obras da Cidade da Saúde, pero advirte de que chega “moi tarde”

A Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia acolle con “moderada satisfacción e prudente optimismo” a posta da primeira pedra da nova Facultade de Farmacia, tras case unha década de precariedade nas súas instalacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A Rede Galega de Estudantes e Persoal Investigador Predoutoral de Farmacia (REGEIFAR) valorou este mércores con “moderada satisfacción e prudente optimismo” o acto de colocación da primeira pedra da Cidade da Saúde da USC, que acollerá a futura Facultade de Farmacia, no Campus Sur de Santiago. O evento, no que participou o presidente da Xunta de Galicia, marcou o inicio das obras da primeira fase dun proxecto longamente demandado pola comunidade universitaria.

Dende a rede lembran que o inicio das obras chega “moi tarde” e que “o compromiso político coa nosa Facultade segue a ser insuficiente”. Subliñan que dende o peche do pavillón de aulas en 2016, o centro leva case dez anos sen unhas instalacións docentes propias, coa consecuente dispersión do alumnado por distintos edificios da USC “en condicións moi afastadas da idealidade”.

REGEIFAR atribúe boa parte deste atraso á falta de compromiso institucional da Xunta, que “demorou a súa solución financeira” ata o pasado ano, cando Alfonso Rueda anunciou a reestruturación dunha parte da débeda da universidade para liberar fondos destinados ás obras. A licitación, prevista inicialmente para abril de 2024, non se produciu ata febreiro de 2025.

A organización lembra tamén que esta primeira fase do proxecto inclúe aulas, laboratorios de prácticas, biblioteca, espazos administrativos e despachos, pero que a Cidade da Saúde abrangue dúas fases máis: a segunda, coa futura Facultade de Enfermaría, e unha terceira centrada nun centro de investigación biomédica. Sobre esta última, REGEIFAR advirte de que o edificio previsto “non garante espazo suficiente nin as condicións adecuadas” para a totalidade dos grupos de investigación que actualmente operan en Farmacia.

Pese ás críticas, a rede cualifica o acto como “un momento significativo” e manifesta o seu compromiso de seguir vixiando o cumprimento dos prazos e a dotación de recursos prometidos. “A Facultade de Farmacia merece moito máis ca simbolismos: precisa compromiso, investimento e feitos”, conclúe o comunicado, no que reivindican un futuro digno para o ensino e a investigación farmacéutica galega.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here