InicioSANTIAGOLouzao insta á Xunta a liderar unha estratexia de país para a...

Louzao insta á Xunta a liderar unha estratexia de país para a conectividade aérea galega

A concelleira de Turismo de Santiago participou na reunión do Grupo de Traballo de Conectividade Aérea e reclamou que a Xunta asuma o liderado dun plan común para os tres aeroportos galegos

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, participou esta mañá no Grupo de Traballo de Conectividade Aérea de Galicia, celebrado no aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, onde reclamou á Xunta de Galicia que asuma o liderado dunha estratexia aeroportuaria de país. A representante compostelá cualificou o encontro como “agridoce”, ao valorar positivamente a colaboración coa empresa pública Aena e cos concellos da Coruña e Vigo, pero lamentar que o Goberno galego “segue enrocado na súa postura” e “sen poñerse a liderar” unha planificación conxunta.

Louzao agradeceu a “boa disposición” de Aena e dos concellos das outras dúas cidades con aeroporto, asegurando que “amosaron vontade de traballar de forma conxunta” nun modelo coordinado. Non obstante, insistiu en que “a Xunta segue desaparecida” e lembrou que “a conectividade aérea é tamén unha competencia súa, porque afecta aos intereses dos galegos e galegas”.

A concelleira compostelá destacou que o aeroporto Rosalía de Castro “non é o aeroporto de Santiago, senón o aeroporto de todos os galegos e galegas”, e defendeu que as decisións sobre as rutas deben tomarse “pensando no conxunto do país”. Subliñou tamén que Santiago mantén “contactos semanais coas compañías” e participa nas principais feiras do sector, como Routes, Connect ou as xornadas de Turespaña.

En canto á situación da conectividade, Louzao lembrou a recente conexión con Nova York como “un paso adiante” e explicou que o Concello “segue traballando para poder dar novas boas noticias”. Con todo, advertiu das limitacións de recursos: “Facemos campañas de promoción co mesmo orzamento que Turismo de Galicia, e é evidente que se queda moi pequeno fronte ao que podería facer a Xunta”.

Sobre a posibilidade de especializar os aeroportos galegos, Louzao sinalou que non se trata de limitar rutas, senón de “non competir entre nós” e aproveitar as sinerxías entre Santiago, A Coruña e Vigo. “Os tres concellos estamos absolutamente aliñados, só falta que a Administración galega tome isto en serio e lidere unha estratexia común”, concluíu.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here