InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón inicia dúas novas sendas peonís en Sergude e...

O Concello de Boqueixón inicia dúas novas sendas peonís en Sergude e Lestedo

O investimento total supera os 435.000 euros e busca mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade das parroquias

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón deu comezo ás obras para a construción de dúas novas sendas peonís nas parroquias de Sergude e Lestedo, cun investimento global que supera os 435.000 euros. O obxectivo principal destas actuacións é mellorar a mobilidade, a seguridade e a accesibilidade da veciñanza nas contornas rurais do municipio.

Na parroquia de Sergude, a nova senda conectará a igrexa parroquial e as aldeas de Lamas e Deseiro de Abaixo co cruce da N-525, permitindo un tránsito máis seguro para os peóns e reducindo os riscos nunha zona de frecuente circulación. Ademais, o goberno local lembra que está previsto outro proxecto complementario: a construción dunha senda peonil entre Sergude e Rodiño, que será executada pola Xunta de Galicia. Este último proxecto, cun investimento estimado de case 750.000 euros, podería licitarse ao longo de 2026.

No caso da parroquia de Lestedo, a intervención abrangue o tramo que vai desde o cruce das rúas Mestre Manuel García e Pico Sacro ata o cruceiro, cun orzamento próximo aos 35.000 euros. A nova infraestrutura permitirá crear un primeiro itinerario seguro para os desprazamentos a pé desde o centro da vila ata o pavillón polideportivo municipal.

Este espazo deportivo tamén está a ser obxecto de melloras: o Concello investe outros 50.000 euros na renovación da súa eficiencia enerxética, co propósito de ofrecer un equipamento máis cómodo e sustentable para o uso veciñal.

Segundo o goberno municipal, estas actuacións enmarcanse nun plan máis amplo orientado a favorecer a mobilidade peonil e a cohesión territorial, con intervencións que contribúan a conectar os núcleos e reforzar a seguridade viaria en todo o termo municipal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here