InicioMOV. SOCIAISO Concello de Santiago inicia negociacións cos sindicatos para desbloquear situación de...

O Concello de Santiago inicia negociacións cos sindicatos para desbloquear situación de bombeiros e policías

O pago de horas extra aínda non se efectuou, pero comprométense a facelo pronto

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago convocou este venres unha reunión de traballo cos sindicatos CC.OO, UGT e CIG co obxectivo de negociar e desbloquear a situación do persoal de bombeiros e policías municipais. A comisión terá lugar ás 10:30 horas, tras unha reunión previa este luns na que se abordou a orde do día e se fixou a data do encontro.

A portavoz do Goberno local, Miriam Louzao, reiterou a vontade de resolver a situación canto antes e destacou que o diálogo coas representacións sindicais será “constructivo e enfocado á solución dos problemas pendentes”. En relación co pagamento das horas extra do persoal, Louzao explicou que aínda non se efectuou, pero existe o compromiso de realizalo canto antes. Lembrou que o importe total supera o límite establecido, polo que será necesario que o pleno autorice oficialmente os pagos. O Concello asegura que traballa para garantir que os dereitos do persoal se cumpran sen dilación e que o servizo á cidadanía non se vexa afectado.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...