InicioSANTIAGOO Ateneo analiza nun faladoiro o impacto do turismo sobre a vida...

O Ateneo analiza nun faladoiro o impacto do turismo sobre a vida cidadá

O faladoiro abordará este martes o modelo turístico compostelán e as súas consecuencias sobre o casco histórico

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago organiza este martes, 4 de novembro, ás 19:30, un novo faladoiro titulado ‘Cidadanía e turismo’ no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º). No encontro participarán Xosé Santos Solla, catedrático de Xeografía Humana da USC; Ángel Panero, arquitecto, e Francisco Candela, economista e presidente do Ateneo.

A sesión nace da preocupación polo rumbo que tomou o turismo en Santiago nas últimas décadas, cunha transformación visible do seu casco histórico. A substitución de vivendas habituais e do comercio tradicional por negocios ligados ao turismo, segundo recoñece a entidade, evidencia “a necesidade de repensar o equilibrio entre a vida cidadá e a actividade turística”.

O Ateneo pretende con este faladoiro abrir un espazo de debate e proposta que permita reflexionar sobre accións concretas para unha xestión turística integrada na planificación urbana e social. A institución compostelá aspira a que este diálogo sexa “plural e informado”, implicando tanto ás administracións públicas como a entidades privadas e colectivos veciñais na procura dun modelo de cidade sustentable e habitable que poña no centro ás persoas que viven en Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here