InicioSANTIAGOTEOO BNG de Teo organiza unha xornada para visibilizar a menopausa como...

O BNG de Teo organiza unha xornada para visibilizar a menopausa como etapa natural da vida das mulleres

A actividade, aberta ao público, celebrarase o mércores 5 de novembro na Mediateca do Grilo con intervencións da deputada Iria Carreira, a matrona María José Carrete e a fisioterapeuta Iria Rei

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Teo impulsa este mércores 5 de novembro, ás 19:30, unha xornada formativa na Mediateca do Grilo centrada en visibilizar a menopausa desde diferentes perspectivas profesionais. O encontro, aberto ao público, pretende romper co silencio e os prexuízos que durante décadas rodearon esta etapa natural da vida das mulleres.

No acto participarán Iria Carreira, médica e deputada do BNG no Parlamento de Galicia; María José Carrete, matrona, e Iria Rei, fisioterapeuta. As tres abordarán a menopausa desde as súas áreas de coñecemento para ofrecer respostas, pautas e propostas que contribúan a un maior coñecemento social e institucional sobre o tema.

Segundo explicou Iria Carreira, “as mulleres temos sufrido invisibilización ao longo do tempo, tamén no que se refire á nosa saúde e ao noso benestar, e esta iniciativa quere contribuír a romper con esta situación nun tema que foi especialmente silenciado”. A deputada subliña que, ata o de agora, “a menopausa tense tratado como se fose unha alteración ou unha patoloxía, cando é unha parte máis da nosa vida que é preciso coñecer, falar dela e compartir experiencias”.

A xornada, organizada polo BNG de Teo, busca tamén reclamar maior atención das administracións e en particular da Xunta de Galicia, para que a saúde das mulleres neste período reciba o recoñecemento e os recursos necesarios. “Queremos sacar a menopausa ao espazo público e rachar dunha vez por todas coa invisibilización constante da nosa saúde”, engadiu Carreira.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here