InicioMOV. SOCIAISA asociación Abeiro anuncia accións legais polo caso de Gosu e pide...

A asociación Abeiro anuncia accións legais polo caso de Gosu e pide calma e respecto

O colectivo prepara a presentación dunha demanda e condena as ameazas ás persoas implicadas no sacrificio do animal

Publicado o

Xornal de Compostela

A asociación Abeiro, que agrupa voluntariado e persoas colaboradoras coa defensa e protección dos animais en Santiago, anunciou que a demanda polo caso de Gosu está xa practicamente lista e que agardan poder presentala nos próximos días. O colectivo mantén que as decisións que levaron ao sacrificio do can son “profundamente reprobábeis” e que haberá que depurar responsabilidades e ofrecer explicacións pola negativa a permitir a súa adopción, a única alternativa que, segundo subliñan, podería terlle salvado a vida.

Con todo, a asociación fixo un chamamento á calma e ao respecto tras detectar insultos e ameazas nas redes sociais cara ás persoas consideradas responsábeis do suceso. “Insultos, ameazas e calquera comportamento violento non son o camiño”, advirte o colectivo, que condena “firmemente ese tipo de actitudes” e insiste en que a falta de respecto “só dificulta o camiño e resta forza á causa”.

Dende Abeiro subliñan que a súa prioridade é que o proceso se desenvolva polos cauces legais e institucionais, a través dos órganos do padroado que se reunirán proximamente e mediante a demanda que xa están a preparar.

O colectivo lamenta tamén as represalias internas e a manipulación do relato que, segundo denuncian, se estarían a producir para “xustificar o inxustificable”, incluíndo a expulsión de persoas voluntarias vinculadas ao caso. A asociación conclúe pedindo “cordura, empatía e serenidade”, convencida de que só dende o respecto e a unidade se poderá acadar xustiza para Gosu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here