InicioSANTIAGOAMESO Ministerio de Transportes inicia este luns novos cortes de tráfico no...

O Ministerio de Transportes inicia este luns novos cortes de tráfico no Milladoiro polas obras de humanización da N-550

As restricións afectarán distintos tramos da travesía ata mediados de novembro e incluirán desprazamentos de paradas de bus e desvíos sinalizados

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continuará a partir deste luns, 3 de novembro, coa execución das obras de mellora e humanización da travesía do Milladoiro, no tramo comprendido entre os quilómetros 67 e 68,6 da N-550, no termo municipal de Ames. A actuación entra agora nunha fase clave, centrada na pavimentación e remate dos traballos, o que obrigará a establecer cortes e restricións puntuais de tráfico ao longo das próximas dúas semanas.

Segundo informou o Ministerio, o primeiro corte terá lugar este luns entre as 08:30 e as 21:30, afectando o márxe dereito da travesía entre a glorieta da SC-20 (km 67,1) e a rúa Madalena (km 68). O acceso quedará limitado a autobuses e residentes, e tamén se pecharán os accesos á N-550 polas rúas Raxoeira e Curuxa, habilitándose un itinerario alternativo por Muíño Vello, Travesía do Porto, Aldea Grela e rúa do Rebullo. No márxe esquerdo, entre a travesía da Moa (km 68,8) e a rúa do Rego (km 67,2), aplicaranse medidas semellantes, con corte de acceso pola rúa Figueiras e desvío pola travesía da Moa e rúa do Rego.

Os días 4 e 5 de novembro, entre as 08:00 e as 21:30, repetirase o esquema de traballo no lado dereito da N-550, co paso permitido só para buses e veciños e traslado temporal da parada de autobús, sen cambios no tráfico cara a Santiago. O mesmo dispositivo manterase entre os días 6 e 7, engadindo o corte da rúa Castelao, que contará cun desvío por Vilar de Calo e rúa das Vilas.

Do 10 ao 12 de novembro, os traballos concentraranse no márxe esquerdo da estrada, entre a rúa das Viñas (km 68) e a rúa das Cartas (km 68,1), desviándose a circulación polo márxe dereito en ambos sentidos. Finalmente, do 13 ao 14 de novembro, entre as 08:00 e as 21:30, intervirase de novo no lado dereito, entre a glorieta da SC-20 (km 67,1) e a rúa Francés (km 68,2), coas mesmas limitacións e o peche dos accesos pola rúa Raxoeira, Madalena, do Seixo e Francés, ademais do corte da rúa Castelao e novo traslado da parada de bus.

O Ministerio lembra que todas estas actuacións están condicionadas pola meteoroloxía e que calquera modificación será comunicada polo Concello de Ames. Ademais, continúa vixente a redución a un só carril por sentido en todo o tramo da travesía, polo que se recomendan itinerarios alternativos para evitar retencións.

Entre eles, para saír de Santiago cara a Padrón, suxírese acceder á AG-56 pola SC-20 e saír no enlace de Pardiñas (km 3) en dirección á VG-1.7. Pola súa banda, os vehículos que entren na capital desde Pontevedra ou Padrón poden empregar a VG-1.7 no km 69,2 e incorporarse á AG-56 cara a Santiago. Nos desprazamentos locais, recoméndase utilizar as rúas paralelas á travesía e, no caso de Novo Milladoiro, os viais de conexión co polígono e coa AG-56 a través do enlace de Biduído.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here