InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames inicia a demolición dun inmoble na rúa Madalena...

O Concello de Ames inicia a demolición dun inmoble na rúa Madalena para avanzar na humanización do Milladoiro

A actuación forma parte do plan ‘Conecta Ames’, cun investimento global de preto de 11 millóns de euros, cofinanciado con fondos europeos FEDER

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames deu inicio esta semana ás obras de demolición do inmoble número 6 da rúa Madalena, un paso previo á humanización do entorno das rúas Madalena, Estivada de Castelao e Camelias, no Milladoiro. O alcalde Blas García e o concelleiro de Obras desprazáronse ata o lugar para supervisar o comezo dos traballos, centrados agora nas tarefas de desescombro e saneamento.

O rexedor explicou que esta intervención “vai facer posible ver o avance do Milladoiro que se quere impulsar dende o Concello de Ames”, e lembrou que forma parte dun proxecto integral de mellora urbana e mobilidade sostible. “Seguimos avanzando no Milladoiro do futuro, seguimos mellorando o núcleo máis grande e importante do noso concello”, sinalou.

A demolición do inmoble foi precedida pola súa expropiación no marco do plan ‘Ames Progresas 2021-2023’, e dá paso agora ao desenvolvemento da seguinte fase incluída no plan ‘Conecta Ames’, que conta cun orzamento total de 10.912.878 euros.

Deste investimento, o 60% (6,5 millóns de euros) será achegado a través de fondos europeos FEDER da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL), mentres que o 40% restante (4,3 millóns) se cubrirá con financiamento propio, autonómico ou provincial.

O proxecto busca priorizar o uso peonil e ciclista fronte ao vehículo rodado, mellorar a mobilidade e a calidade urbana e conectar O Milladoiro coas parroquias rurais e con Bertamiráns mediante unha senda ciclable e peonil. Esta vía artellará diferentes espazos públicos periurbanos, entre eles as rúas Ameixeiras e Juan Bueno Bueno, así como zonas de Bugallido, Ortoño, Guimaráns e Buceleiras, ata enlazar coa rúa Alcalde Lorenzo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here