InicioPOLÍTICAO Concello analiza dous modelos de xestión para o servizo de auga

O Concello analiza dous modelos de xestión para o servizo de auga

Xesús Domínguez avanza que a decisión final corresponderá ao Pleno e deberá garantir eficiencia e sustentabilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Servizos Básicos de Santiago de Compostela, Xesús Domínguez, informou este venres dos avances da Comisión especial da auga, o órgano encargado de estudar cal debe ser o modelo máis sustentable e eficiente para a xestión do servizo municipal de abastecemento e saneamento.

Segundo explicou Domínguez, a comisión está composta por representantes de todos os grupos municipais e por persoal técnico das áreas implicadas. O edil subliñou que o debate se centra actualmente en dous modelos alternativos: por unha banda, o concesional, baseado nun informe elaborado no anterior mandato por unha consultora; e, pola outra, unha empresa mixta con maioría pública, proposta a partir do estudo da Cátedra da Auga da Universidade da Coruña, presentado na sesión deste venres.

“A disxuntiva está entre un modelo concesional, no que o control se sitúa nunha empresa privada durante un período extenso de anos, e outro no que se crea unha empresa mixta con maioría pública, na que o control permanece na Administración Municipal”, explicou o concelleiro.

Domínguez insistiu en que a decisión final deberá adoptarse no Pleno e destacou que se trata dunha “oportunidade única non só para resolver unha situación administrativa, senón tamén para mellorar a xestión integral do ciclo da augae afrontar os problemas estruturais da rede de abastecemento e saneamento en todo o municipio”.

O edil compostelán defendeu que o novo modelo deberá ter como eixo fundamental a eficiencia e a sustentabilidade, tanto na planificación como na prestación dun servizo que cualificou de esencial “para a vida da veciñanza, o medio e a economía local”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here