InicioECONOMÍAA Fegamp e os concellos da Santiago, Coruña e Vigo reúnense para...

A Fegamp e os concellos da Santiago, Coruña e Vigo reúnense para abordar a situación dos VTC

O encontro celebrarase o 4 de novembro de forma telemática, tras as recentes mobilizacións do sector do taxi en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e os concellos da Coruña, Santiago e Vigo manterán o vindeiro 4 de novembro, ás 13:00, unha reunión telemática centrada na situación dos vehículos de transporte con condutor (VTC) nestas cidades.

Segundo confirmaron fontes da Fegamp e do Concello de Santiago, o encontro é resultado dos contactos previos entre as concellarías de mobilidade das tres principais urbes galegas, tanto a nivel técnico como político. O obxectivo é avaliar a problemática derivada da presenza e regulación dos VTC, un asunto que nas últimas semanas xerou preocupación entre os profesionais do taxi e debate nas administracións locais.

A convocatoria chega en pleno contexto de mobilizacións do sector do taxi, que o pasado mércores reuniu arredor de un milleiro de traballadores de toda Galicia nunha marcha lenta pola capital compostelá. A protesta percorreu as rúas de Santiago en caravana e pasou diante do Parlamento galego e de varios edificios da Xunta, en demanda dunha maior implicación do Goberno autonómico no control e supervisión das licenzas de VTC.

O encontro do luns pretende coordinar posturas e estudar posibles medidas conxuntas fronte a unha situación que, segundo os representantes municipais, require dun marco común de actuación para garantir o equilibrio entre os diferentes modos de transporte urbano.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...