InicioSOCIEDADEUnha voluntaria do refuxio de Bando, sobre o sacrificio do can Gosu:...

Unha voluntaria do refuxio de Bando, sobre o sacrificio do can Gosu: “A dirección executouno unilateralmente”

O can foi eutanasiado despois de atacar a un traballador

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha das voluntarias do Refuxio de Bando, Miriam Prieto, denunciou este xoves a decisión tomada polo centro de sacrificar a un dos seus cans, Gosu, despois de que o animal atacase a un traballador. “A dirección executouno unilateralmente”, expuxo. Esta membro da asociación de voluntariado activo de Bando, que leva 11 anos vinculada ao centro, interveu no pleno municipal de Santiago deste xoves para criticar unha “xestión deficiente” en Bando. A decisión está a ser cuestionada por colectivos animalistas, como Abeiro. Prieto referiuse a Gosu como “un can con medo” e que “reaccionou por tensión ante unha mala xestión desde que entrou ao refuxio”.

Así, reprochou á dirección do refuxio que rexeitasen a cooperación ofrecida: “Había persoas e asociacións dispostas a rehabilitalo, medios técnicos preparados e acordo maioritario de concellos e Xunta para a súa cesión. Con todo, a dirección executou unilarialmente o sacrificio”. “O caso de Gosu non é illado; é consecuencia dun sistema mal xestionado”, expuxo. A voluntaria enumerou, entre os problemas de xestión, unha “ausencia” de protocolos individualizados e situacións como a de “cans encerrados meses ou anos sen contacto humano” ou “gatos en gateiras sen luz natural”.

Tamén recolleu que a dirección comunicou o martes a decisión de suspender ata novo aviso o desenvolvemento de actividades de voluntariado no centro. “Quérennos silenciar por expresar unha visión crítica”, acusou Prieto. Neste contexto, a voluntaria solicitou ao Concello de Santiago a paralización de todas as eutanasias ata a realización de valoracións etolóxicas externas, a apertura dunha investigación independente sobre o funcionamento do refuxio e o cese “inmediato” da dirección.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...