InicioECONOMÍACentos de taxis rodean a Xunta para denunciar a impunidade dos VTC

Centos de taxis rodean a Xunta para denunciar a impunidade dos VTC

Piden que se corten "de raíz" as licenzas destes vehículos

Publicado o

Xornal de Compostela

Centos de taxistas chegados de toda Galicia rodearon a Xunta, na compostelá sede de San Caetano, na mañá deste mércores para esixir ao Goberno galego “cortar de raíz” as licenzas dos vehículos de turismo con condutor (VTC).

En declaracións a Europa Press, Miguel Ángel Mera, taxista en Santiago, explica que esta protesta a impulsan taxistas de Vigo polo “aumento incontrolable” de licenzas, pero se uniron a ela compañeiros de Santiago, A Coruña, Lugo ou Mos, entre outros lugares. Denuncia que é a Xunta a que outorga estas licenzas, polo que debería “pechar a billa”. Expón que aínda que, “en teoría”, os VTC só poden realizar servizos interurbanos con vehículo eléctrico –entre diferentes municipios–, na práctica están a traballar nas cidades a nivel urbano, tal e como se pode ver “cada día”.

A isto únese que aos concellos “pillounos un pouco a contrapé”, de modo que as empresas de VTC aprovéitanse de “un pequeno buraco legal” para facer servizos “ilegais” nas cidades. “As administracións están a deixarnos de lado á hora de pór sancións e controis aos VTC”, relata. “Se a Xunta di que son os concellos os que deberían de sancionar, pois deberían sancionar”, indica. “Que se tramiten as sancións, pero esas sancións non acaban de chegar, quedan un caixón”, lamenta.

Os convocantes calculan que participaron entre 400 e 500 taxis, que rodearon a Xunta e bloqueado a rúa Otero Pedrayo. Os taxistas concentráronse no polígono do Tambre pola mañá antes de circular por rúas como a avenida de Lugo, Hórreo e San Roque até chegar ao complexo de San Caetano. Prevén que as mobilizacións sigan no futuro ata que haxa solucións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...