InicioPOLÍTICAVerea acusa ao Goberno local de "neglixencia" polo peche do parque de...

Verea acusa ao Goberno local de “neglixencia” polo peche do parque de bombeiros e a falta de efectivos policiais

O PP critica que só houbese un axente de patrulla en Santiago e reclama responsabilidades á alcaldesa Goretti Sanmartín

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz e líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cualificou este luns de “irresponsabilidade” a situación vivida na cidade pola inoperatividade do parque municipal de bombeiros, que, segundo lembrou, permaneceu pechado por primeira vez desde 1921, e pola presenza “dun só policía patrullando as rúas”.

Verea criticou con dureza ao Goberno local do BNG e Compostela Aberta, ao que acusou de “poñer na diana aos profesionais” e de non cumprir coas obrigas salariais. “Os bombeiros e a policía local non cobran as súas nóminas completas, porque levan case un ano sen recibir o pago das horas extra”, afirmou.

Durante a súa intervención, o líder popular preguntouse “que máis ten que pasar” para que o executivo municipal actúe, e sinalou directamente ao concelleiro responsable do servizo de emerxencias por “non atopar unha solución ante unha situación extremadamente grave”.

O portavoz do PP compostelán insistiu en que se trata dun caso de “neglixencia” por parte da alcaldesa Goretti Sanmartín, asegurando que “a súa indolencia está a poñer en risco a vida dos profesionais, dos bombeiros e da veciñanza”. Ademais, denunciou que “a cidade quedou sen policía local de patrulla, só con un axente na rúa”.

“Estamos ante un goberno que non é capaz de xestionar nin unha comunidade de veciños”, concluíu Verea, quen reclamou que a alcaldesa e o seu equipo “pidan perdón e marchen á casa porque lle están facendo moito dano a Santiago”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here