InicioPOLÍTICARueda insta ao Concello de Santiago a responder sobre a proposta de...

Rueda insta ao Concello de Santiago a responder sobre a proposta de comarcalizar o parque de bombeiros

O presidente lembra que Xunta e Deputación xa mostraran o seu acordo coa iniciativa

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, instou ao Concello de Santiago a ofrecer canto antes unha resposta á proposta de comarcalización do parque de bombeiros da capital galega, unha medida que implicaría tamén cambios na xestión dos recursos humanos.

Rueda pronunciouse así este luns tras ser preguntado polos medios sobre a situación do parque municipal de bombeiros, que segundo denuncian os propios efectivos permanece inoperativo pola falta de persoal. O mandatario autonómico recoñeceu que esta carencia obrigou nalgúns momentos a complementar os servizos con efectivos procedentes dos consorcios provinciais e de Protección Civil.

O presidente lembrou que o Concello compostelán ten “desde hai tempo” sobre a mesa unha proposta para integrar o servizo no modelo comarcal, o que convertería o parque de Santiago no centro matriz da área. “Tanto a Xunta como a Deputación da Coruña estaban de acordo nisto, pero a día de hoxe non se materializou”, afirmou.

Ante a falta de avances, Rueda reclamou ao Goberno local que, tras “todos estes meses que xa pasaron sen ter unha resposta”, dea unha contestación definitiva e concrete se ten intención de adherirse ao proxecto, pensado para mellorar a coordinación e a cobertura territorial en materia de emerxencias.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...