InicioSANTIAGOO arcebispo de Santiago chama a "unir esforzos" para a acollida de...

O arcebispo de Santiago chama a “unir esforzos” para a acollida de menores migrantes

Francisco José Prieto apela á cooperación entre administracións e entidades para garantir a integración e a formación dos mozos acollidos

Publicado o

Xornal de Compostela

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo este luns un chamamento á colaboración institucional na atención e integración dos menores migrantes que chegan ao Estado. O prelado apelou á necesidade de “deixar as lexítimas diferenzas políticas” e traballar desde unha “acción conxunta” que poña no centro a dignidade das persoas.

Durante unha comparecencia ante os medios en Santiago, Prieto insistiu en que a acollida destes mozos debe ir acompañada dun compromiso real de inserción. “Hai que ser conscientes do que supón a acollida e a inserción; temos que buscar unha acción conxunta onde non se mesture a necesidade de acoller”, afirmou, advertindo de que a resposta non pode verse condicionada pola confrontación partidaria.

O arcebispo defendeu que os menores migrantes acollidos polas diferentes comunidades autónomas deben ser “integrados e formados”, de maneira que, ao chegar á idade adulta, conten con oportunidades para “ser parte activa da sociedade”.

Prieto recoñeceu a existencia dun “debate moi polarizado” sobre esta cuestión, mais insistiu en que “cando se trata de persoas e menores falamos dunha dignidade que ten que ser respectada”. Nese sentido, apelou ao entendemento entre administracións e entidades sociais, e lamentou as tensións que “afectan ás persoas e ao seu contorno”.

“Non se trata de botar balóns fóra, senón de non xogalos alí onde poden facer máis dano de queirámolo remediar”, concluíu o arcebispo, quen tamén destacou o papel da Igrexa compostelá na colaboración en programas de acollida e acompañamento.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...