InicioCULTURAA Cidade da Cultura reunirá en novembro a creadoras e expertos no...

A Cidade da Cultura reunirá en novembro a creadoras e expertos no primeiro foro internacional sobre arte dixital

O encontro ‘Sinte’ celebrará os días 20 e 21 de novembro no Gaiás con relatorios, exhibicións e espectáculos en directo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia converterase os días 20 e 21 de novembro nun punto de encontro internacional para a creación contemporánea coa celebración de ‘Sinte. Foro internacional de arte e cultura dixital’, unha nova cita que busca abrir espazos de diálogo sobre os retos e oportunidades da era dixital na práctica artística.

O evento, impulsado pola Xunta de Galicia, reunirá en Santiago máis de vinte figuras destacadas do panorama nacional e internacional, entre elas artistas, colectivos creativos, especialistas en xestión cultural e responsables de institucións dedicadas á innovación artística. O foro combinará relatorios, conversas e experiencias inmersivas co obxectivo de achegar ao público as transformacións que viven as artes no contexto tecnolóxico actual.

Entre as propostas máis destacadas atópase a estrea de ‘Galicia Materia’, unha creación en directo do artista bretón Maotik, recoñecido pola súa fusión de arte e ciencia. A peza, presentada por primeira vez en Galicia, combina imaxes xerativas e deseño sonoro sincronizado, reproducindo de forma visual as transicións e estados da materia.

Tamén subirá ao escenario do Gaiás o coreógrafo e bailarín xaponés Hiroaki Umeda, referente da vangarda contemporánea no seu país, que ofrecerá dúas funcións nas que explora a unión entre danza, movemento e novas tecnoloxías.

Ademais das exhibicións, o programa inclúe dúas conferencias maxistrais centradas nos desafíos que afrontan artistas e institucións culturais nun tempo de cambio tecnolóxico acelerado, marcado polo uso de algoritmos, a intelixencia artificial e os espazos híbridos de creación.

Con esta primeira edición, o Gaiás aspira a consolidarse como un referente na reflexión e experimentación arredor da cultura dixital, nunha cita que convida a repensar a relación entre arte, ciencia e tecnoloxía desde Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...