InicioSANTIAGOO Filandón lembra a Isa cunha exposición e un acto de homenaxe...

O Filandón lembra a Isa cunha exposición e un acto de homenaxe no seu primeiro cabodano

Amigas e amigos da histórica vinoteca compostelá inauguran ‘Amig@s’, unha mostra multidisciplinar que celebra a vida e o legado de María Isabel Rodríguez Calveiro

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O emblemático local ‘O Filandón’, situado na rúa da Acibechería, acolleu esta tarde un emotivo acto de lembranza a María Isabel Rodríguez Calveiro, coñecida por todos como ‘Isa do Filandón’, coincidindo coa data na que cumpriría 56 anos. Un ano despois do seu falecemento, familiares, amizades e clientes reuníronse no espazo que ela rexentou dende o ano 2000 para inaugurar a exposición ‘Amig@s’, unha homenaxe colectiva á súa vida e á pegada que deixou na cidade.

A mostra reúne obras de sete artistas que, a través de distintas disciplinas, quixeron renderlle tributo á hostaleira compostelá. Paco participa con pezas de escultura e pintura en técnica mixta; Auré Reing presenta as acuarelas Raíces entre fíos, Notas de recordo e Rezar en tempos baleiros; Christian José-Fdez. exhibe catro retratos en grafito; Ana Muñiz achega Fiestra, unha creación en técnica mixta con luz, madeira e papel; Eva de Novo amosa dúas acuarelas; e Zamo Tamay contribúe con Retorno —grafito e tinta chinesa sobre papel— e a viñeta orixinal Bufonadas de Zamora, publicada en 1994 no xornal colombiano El País – Cali.

O acto contou tamén cunha intervención literaria de Xangalban, dono de María Castaña, que puxo voz ás lembranzas compartidas, e coa actuación musical do cantautor Tato López, da Casa da Trova, quen interpretou varias pezas nun ambiente cheo de emoción e agradecemento.

Os asistentes celebraron a vida e o carácter entrañable de Isa, recordada pola súa retranca e pola hospitalidade coa que recibía a quen cruzaba a porta do Filandón.

Texto de Xangalbán – Cedida

OUTROS ACTOS DE LEMBRANZA

Esta homenaxe marca o inicio dunha fin de semana de lembranzas, que continuará mañá, sábado 25 de outubro, coa misa polo seu cabodano na igrexa de San Martiño de Dornelas (Silleda), e o vindeiro martes 28, cunha nova celebración en San Bieito do Campo, en Compostela, para seguir compartindo recordos e manter viva a súa presenza entre quen a quixo e admirou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here