InicioMOV. SOCIAISCentos de composteláns lembran no Toural os nomes dos nenos e nenas...

Centos de composteláns lembran no Toural os nomes dos nenos e nenas asasinados en Gaza

A acción, organizada por 'Galiza por Palestina', prolongouse durante dez horas e contou coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín e outros representantes municipais

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza do Toural de Santiago de Compostela acolleu este venres unha acción simbólica e reivindicativa en memoria das vítimas infantís da guerra na Franxa de Gaza. Durante dez horas, desde as 10:00 ata as 20:00, máis de 70 persoas inscritas previamente e numerosos cidadáns que se foron achegando ao longo do día deron lectura aos nomes dos 19.500 nenos e nenas asasinados, segundo datos do Ministerio de Saúde de Gaza.

A iniciativa, promovida pola plataforma ‘Galiza por Palestina’, forma parte dun movemento internacional de homenaxes que xa se desenvolveron noutras cidades galegas, como Ourense e A Coruña, e en capitais de todo o mundo. Ao remate da xornada, a lectura chegara á páxina 329 das 500 que compoñen a listaxe de vítimas, o que supón máis de 8.300 nomes pronunciados en voz alta.

Non seremos cómplices do silencio e non imos parar. Non hai paz sen xustiza nin reparación“, sinalaron desde a organización, que quixo visibilizar a dimensión humana da traxedia e denunciar a situación que atravesa a poboación civil palestina.

Entre os asistentes estiveron membros da corporación municipal compostelá, incluíndo á alcaldesa, Goretti Sanmartín, á portavoz municipal, Míriam Louzao, e á concelleira non adscrita, Mercedes Rosón. Xunto a eles, participaron representantes de Compostela por Palestina, do Movemento Global para Gaza-Galicia e de diversas entidades veciñais, sindicais e sociais.

Segundo Save the Children, o número de menores de 16 anos mortos podería superar os 20.000, mentres que a relatora especial da ONU para os Territorios Palestinos Ocupados, Francesca Albanese, advertiu de que a cifra real de vítimas podería ser dez veces superior, chegando ás 680.000 persoas, das cales 380.000 serían nenos e nenas menores de cinco anos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...