InicioSANTIAGOA USC modifica o regulamento das súas plataformas científico-tecnolóxicas e extingue o...

A USC modifica o regulamento das súas plataformas científico-tecnolóxicas e extingue o Instituto de Criminoloxía

O Consello de Goberno aprobou tamén cambios en normativa académica e axustes en persoal docente

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela reuniuse este venres para aprobar diversas modificacións normativas e administrativas que afectan tanto ao ámbito académico como ao organizativo da institución.

Entre os acordos máis destacados figura a modificación do regulamento de creación, modificación e supresión das Plataformas Científico-Tecnolóxicas, co obxectivo de adaptalo ás necesidades actuais dos centros e grupos de investigación. A nova normativa introduce a figura dun responsable de apoio técnico, que asumirá funcións de asistencia en instalacións e equipos cando o volume de actividade ou a complexidade o fagan necesario.

Ademais, o Consello acordou que, unha vez actualizado o mapa de titulacións da USC e a oferta formativa en criminoloxía, o actual Instituto de Criminoloxía será integrado no Instituto de Ciencias Forenses ‘Luís Concheiro’ (INCIFOR), concentrando así nun único espazo as liñas docentes e de investigación vinculadas ás ciencias forenses.

No eido académico, aprobáronse os criterios para o recoñecemento de equivalencias de estudos estranxeiros de cara ao acceso a másteres, doutoramentos e outros estudos da USC, así como a nova normativa de simultaneidade de estudos e estruturas curriculares específicas. O Consello deu tamén luz verde á modificación da memoria do Programa de Doutoramento en Lóxica, Filosofía da Ciencia e Estudos Sociais da Ciencia, titulación conxunta coa Universidade de Salamanca, e á actualización da normativa de estudos de fin de carreira e de títulos propios, incluíndo novas materias e memorias formativas.

En materia de persoal, aprobouse a ampliación do contrato dun profesor asociado de Ciencias da Saúde e a corrección de erros na asignación dos complementos de recoñecemento ao mérito docente correspondentes á convocatoria de 2024.

Con estas medidas, a USC busca axilizar a súa estrutura organizativa e fortalecer a coordinación entre docencia, investigación e xestión universitaria, nun contexto de renovación das súas titulacións e infraestruturas científicas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...