InicioSANTIAGOAitor Bouza acusa a Rueda de “castigar de novo” a Santiago e...

Aitor Bouza acusa a Rueda de “castigar de novo” a Santiago e reprocha a Verea que “traizoará á cidade” se apoia os orzamentos da Xunta

O secretario xeral do PSOE compostelán critica que a partida para o Estatuto da Capitalidade en 2025 sexa menor ca de 2009 e reclama que se eleve a, cando menos, 7 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, acusou este xoves ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de volver “castigar” á capital galega cos orzamentos autonómicos de 2025. Bouza afirmou “non entender como o PP e Borja Verea se alegran” dunhas contas que, ao seu xuízo, relegan á cidade.

Nunha rolda de prensa, o dirixente socialista criticou que a Xunta faga “anuncios grandilocuentes” sobre investimentos en Compostela que logo “non se reflicten nas partidas”. “Cando se vai ao detalle, non se atopan”, asegurou, poñendo como exemplo a dotación para o Estatuto da Capitalidade, cifrada en 3 millóns de euros, unha cantidade “inferior á consignada no ano 2009”.

“Non entendemos esas felicitacións. O PP e o señor Verea non teñen motivo ningún para alegrarse”, insistiu Bouza, quen anunciou que o PSOE compostelán continuará reclamando que o fondo da capitalidade se eleve “polo menos aos sete millóns de euros”.

O secretario xeral socialista engadiu que os orzamentos tampouco recollen investimentos suficientes en áreas clave como a sanidade e a educación, lembrando as reformas pendentes nos colexios Vite e López Ferreiro.

Bouza advertiu ademais de que o voto favorable de Borja Verea, portavoz do PP no Concello e deputado autonómico, “será unha traizón absoluta a todos os veciños de Santiago”. “Agás que rectifiquen esa achega da capitalidade aos sete millóns, apoiar esas contas é traizoar á cidade”, afirmou, aínda que matizou que “todo pode ser negociado”.

Tamén reprochou á Xunta o “desprezo” cara á capital por non convocar “ano tras ano” o Consello da Capitalidade, órgano previsto para coordinar políticas e investimentos coa administración autonómica.

En relación ao pleno ordinario que se celebrará a próxima semana no Pazo de Raxoi, Bouza sinalou que o grupo socialista manterá unha “oposición construtiva”. “O noso pacto é cos veciños de Santiago: cando as medidas sexan positivas para a cidade, apoiarémolas; cando non o sexan, votaremos en contra, como fixemos coa subida da taxa do lixo”, concluíu.

DENUNCIAN DEMORAS NO TRASLADO DE PACIENTES DA ÁREA DE SANTIAGO

O PSOE compostelán denunciou este xoves “demoras inaceptables” no traslado de pacientes da área de Santiago e reclamaron á Xunta medidas urxentes para mellorar o transporte sanitario e reducir as listas de espera. Así o trasladaron este xoves o deputado socialista no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, xunto co responsable de Sanidade e Política Social da executiva local, Brais Botana.

Nunha rolda de prensa ofrecida na sede do PSOE local, Botana alertou de que se producen “unhas demoras de 14, 15 e 16 horas” que consideran que son “inaceptables” no traslado de pacientes, tanto de forma programada como tamén en momentos puntuais de forma urxente.

O socialista responsabilizou ao modelo de externalización do servizo e á falta de recursos propios do Sergas da situación, ao asegurar que é “un sistema que se basea por completo en concesións que son completamente privadas” e que isto, ao final, fai que o propio 061 non dispoña de ambulancias adicionais fose da rede urxente e limite a capacidade para poder responder como sistema.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...