InicioMOV. SOCIAISCompostela acollerá unha lectura pública polos nomes das crianzas asasinadas en Gaza

Compostela acollerá unha lectura pública polos nomes das crianzas asasinadas en Gaza

A iniciativa de Galiza por Palestina celebrarase o 24 de outubro na Praza do Toural cunha homenaxe de doce horas de duración á infancia palestina vítima da guerra

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Galiza por Palestina convoca á cidadanía de Santiago a participar este venres 24 de outubro nun acto de memoria e denuncia baixo o lema ‘Os nomes, para que a súa memoria non se borre’. A actividade, que se desenvolverá na Praza do Toural entre as 10:00 e as 20:00, consistirá na lectura pública dos nomes das crianzas asasinadas en Gaza, nun espazo habilitado cunha carpa e punto de lectura.

Segundo os datos difundidos polo Ministerio de Saúde de Gaza, máis de 19.500 menores de idade perderon a vida nos ataques rexistrados ata setembro, incluíndo máis de 1.000 bebés menores dun ano. Outras fontes internacionais, como Save the Children, elevan a cifra a 20.000 vítimas menores de 16 anos, mentres que a relatora especial da ONU Francesca Albanese advertiu que a cifra real podería ser “dez veces superior”, acadando até 680.000 persoas falecidas, das cales arredor de 380.000 serían crianzas menores de cinco anos.

Organizacións como Human Rights Watch e Amnistía Internacional manteñen dende hai meses as súas denuncias contra os ataques e vulneracións de dereitos humanos cometidos en Gaza. Tamén a Asociación Internacional de Estudosos do Xenocidio (IAGS) concluíu recentemente que Israel está a perpetrar un xenocidio baixo a cobertura dunha ofensiva militar continuada.

A acción, aberta á participación de toda a cidadanía, contará coa presenza de voluntariado e representantes institucionais, entre eles a alcaldesa Goretti Sanmartín, a tenente alcaldesa María Rozas e o concelleiro Xan Duro, xunto con membros do Movemento Global para Gaza-Galiza, Compostela por Palestina e diversas organizacións veciñais, sociais e sindicais.

Dende Galiza por Palestina insisten na necesidade de “non calar ante os crimes de guerra e as violacións dos dereitos humanos” que sofre o pobo palestino. “Non seremos cómplices do silencio e non imos parar. Non hai paz sen xustiza nin reparación”, sinalan nun comunicado.

O acto pretende ser unha mostra colectiva de solidariedade e memoria, lembrando as vítimas e reivindicando o dereito do pobo palestino a vivir en liberdade. “Para que a súa memoria non se borre. Para que os crimes non queden impunes. Viva Palestina Libre!”, conclúe a convocatoria.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here