InicioECONOMÍAA Xunta investirá preto de 60 millóns de euros en infraestruturas sanitarias...

A Xunta investirá preto de 60 millóns de euros en infraestruturas sanitarias en Santiago

As concelleiras do PP compostelán subliñan que a ampliación do CHUS e o Centro de Protonterapia situarán á cidade como referente en innovación médica

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia destinará preto de 60 millóns de euros a mellorar as infraestruturas sanitarias da área de Santiago de Compostela. Así o destacaron este mércores as concelleiras do Partido Popular, María Baleato e Olaya Otero, quen valoraron o “importante esforzo inversor” do goberno galego na cidade, con actuacións que consideran clave para reforzar o sistema público de saúde.

Segundo explicou Baleato, o proxecto de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) absorberá 43 millóns de euros, aos que se engadirán partidas específicas para o equipamento e mobiliario do edificio de consultas externas (edificio C), que está previsto que se complete en 2026. Ademais, anunciou que se consignarán máis de 500.000 euros para a dotación de novos recursos na Unidade de Reprodución Humana Asistida.

Pola súa parte, Otero destacou a importancia do Centro de Protonterapia de Galicia, actualmente en construción, que contará cun investimento global de 13,6 millóns de euros e está previsto que entre en funcionamento o vindeiro ano. Segundo explicou, 10,7 millóns destinaranse á adquisición de equipamento avanzado, incluíndo sistemas de planificación de imaxe e tecnoloxía electromédica, co obxectivo de “situar a Santiago á vangarda na loita contra o cancro”.

As concelleiras tamén puxeron o foco noutros proxectos en marcha, como a reforma e equipamento do centro de saúde de Conxo, cun orzamento de 825.000 euros, e as obras de climatización do hospital de Conxo, valoradas en arredor de 500.000 euros.

“Na área de Santiago tamén se levará a cabo un importante investimento dedicado á adquisición e renovación de equipamento para os centros de atención primaria e as infraestruturas hospitalarias”, apuntou Baleato.

Por último, Otero salientou que os orzamentos sanitarios da Xunta permitirán manter os incrementos retributivos do persoal sanitario e non sanitario, así como garantir a prestación farmacéutica e ortoprotésica na área compostelá.

As edís populares concluíron que estas actuacións amosan “un compromiso firme coa saúde pública” e que supoñen “investir no futuro da cidade”, reforzando o papel de Santiago como referente galego en investigación e atención médica avanzada.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here