InicioCULTURAaCentral Folque achega a Compostela o proxecto ‘Laudatio Funebris’, unha viaxe pola...

aCentral Folque achega a Compostela o proxecto ‘Laudatio Funebris’, unha viaxe pola morte e o pranto na Idade Media galega

A iniciativa inclúe un libro, roteiros e concertos en Santiago e Noia os días 30 de outubro e 1 de novembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A entidade aCentral Folque presenta esta semana ‘Laudatio Funebris: Da Morte, o Pranto e o Alén no Reino da Galiza’, un proxecto multidisciplinar que combina literatura, música e arte para explorar o significado da morte na Galiza medieval. A iniciativa, enmarcada nos Fondos Reino de Galicia da Deputación da Coruña, propón unha reflexión sobre os prantos galego-portugueses, composicións poéticas e musicais que unían o lamento e a devoción, a memoria e o poder.

A través destes poemas cortesáns e relixiosos, o proxecto convida a redescubrir un tempo no que a morte era “un acto social, político e artístico”, no que o pranto colectivo servía para afirmar liñaxes, expresar dor e construír identidade. Os autores Andrés Díaz e Eva Moreda —recoñecidos pola súa traxectoria literaria e investigadora— son os responsables do libro que acompaña este programa, no que se mesturan a erudición e a divulgación cun enfoque didáctico.

A primeira cita terá lugar en Santiago de Compostela o mércores 30 de outubro, ás 20:00 na Numax, coa presentación do libro acompañada polos autores e polo actor e dramaturgo Quico Cadaval. Será unha ocasión para coñecer os prantos medievais que protagonizan a obra e entender a súa vixencia na cultura contemporánea.

O 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, a programación continuará tamén en Compostela con dúas propostas. Ás 10:00, Quico Cadaval guiará un roteiro polos ritos funerarios medievais do casco histórico, con saída da Praza da Quintana. Xa ao mediodía (12:00), a Igrexa de San Domingos de Bonaval acollerá o concerto ‘Cinco prantos para un reino’, interpretado polo Grupo 1500, formación galega de referencia na música antiga.

Esa mesma tarde, as actividades desprazaranse á vila de Noia, onde ás 17:30 se celebrará outro roteiro temático conducido por Cadaval, centrado nas lendas funerarias medievais locais, con saída desde a Ponte de Traba. A xornada culminará ás 19:30 na Igrexa de Santa María A Nova, actual Museo das Laudas, cun novo concerto do Grupo 1500.

Con ‘Laudatio Funebris’, aCentral Folque propón unha inmersión sensorial e intelectual na memoria medieval galega, unha experiencia que conxuga arte, historia e música para dar voz ao diálogo eterno entre a vida, o pranto e o alén.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here