InicioCULTURAO Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora presentan a 'Historia do antigo...

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora presentan a ‘Historia do antigo concello de Conxo’ no centenario da súa anexión a Compostela

A obra colectiva, coordinada polo historiador Rafael García Ferreira, reúne doce estudos sobre a historia, o patrimonio e a vida social do municipio que foi independente entre 1835 e 1925

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo acolleu este martes, 21 de outubro, a presentación da publicación ‘Historia do antigo concello de Conxo’, unha obra colectiva editada por Alvarellos Editora e promovida polo Consorcio de Santiago dentro da súa Biblioteca de Divulgación. O volume, coordinado polo historiador Rafael García Ferreira, chega coincidindo co centenario da anexión de Conxo a Santiago de Compostela, acontecida en 1925, tras case un século de autonomía municipal.

No acto participaron a alcaldesa e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín Rei; o xerente do Consorcio, José Antonio Domínguez Varela; o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos Casas; o responsable de publicacións do Consorcio, Juan Conde Roa; e os representantes de Conxo Aberto, Juan Jesús Santos Villaverde e Eva Armental Luaces.

O libro recolle doce traballos de investigación que revisan episodios e aspectos clave do antigo concello, desde os fitos políticos e sociais, como o Banquete de Conxo de 1856 ou os movementos obreiros de 1898, ata o patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, representado polo petróglifo e castro de Conxo ou o conxunto monumental de Santa María a Real. A obra inclúe tamén análises sobre o asociacionismo local e o papel das mulleres na sociedade conxesa.

Durante a súa intervención, Goretti Sanmartín destacou a relevancia de Conxo dentro da historia compostelá: “Santiago non se entende sen Conxo”, afirmou, subliñando a singularidade deste territorio e o valor de acontecementos como o nacemento de Rosalía de Castro ou a posta en marcha da primeira liña ferroviaria galega, que unía Cornes con Carril.

Ademais de Rafael García Ferreira, na publicación colaboran especialistas como Francisco Alonso Toucido, Conchi López Sánchez, Alfonso Iglesias Amorín, Noelia Valiño Vázquez, Ana Pérez Varela, Encarna Otero Cepeda, Miguel Cabo Villaverde, Daniel Lanero Táboas e Antonio Míguez Macho. O volume complétase cunha selección de medio cento de fotografías e documentos históricos, que permiten reconstruír a memoria dun territorio cunha identidade propia dentro da historia de Compostela.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here