InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO Concello autoriza a restauración integral da Torre do Reloxo da Catedral...

O Concello autoriza a restauración integral da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago

O executivo municipal de Santiago concedeu ao Arcebispado a licenza para restaurar e rehabilitar de maneira integral a Torre do Reloxo, cun orzamento de execución material de 1.705.504,96 euros.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago concedeu ao Arcebispado de Santiago a licenza para acometer a restauración e rehabilitación integral da Torre do Reloxo, un dos elementos máis recoñecibles da Catedral compostelá. O orzamento de execución material ascende a 1.705.504,96 euros e o proxecto foi redactado polos arquitectos Óscar e Iván Andrés Quintela.

A intervención abranguerá a restauración da fábrica pétrea, tanto exterior como interior, a recuperación das pinturasque decoran as esferas do reloxo e os zócalos interiores, e a rehabilitación do espazo interior co obxectivo de facilitar o acceso a todos os niveis da torre. Tamén se construirá unha nova estrutura de madeira destinada a soster a campá principal, un dos elementos máis simbólicos do conxunto catedralicio.

O proxecto forma parte do Plan director da Catedral de Santiago, aprobado pola Xunta de Goberno Local o 27 de outubro de 2009, e conta cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico no marco do Plan especial PE-1, que regula as intervencións no recinto histórico compostelán.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...