InicioPOLÍTICAVerea salienta o investimento de 82 millóns na nova Fábrica Europea de...

Verea salienta o investimento de 82 millóns na nova Fábrica Europea de IA e o reforzo da capitalidade de Santiago

O líder popular destaca que a iniciativa suporá “un cambio económico histórico” e pon en valor os 56 millóns adicionais para o novo Cesga da Sionlla

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cualificou hoxe como “unha das achegas máis importantes para Santiago por parte do Goberno galego” o investimento de 82 millóns de euros na creación da Fábrica Europea de Intelixencia Artificial (IA), que se instalará na capital galega. O proxecto, denominado ‘1HealthAI’, centrará a súa actividade na investigación en saúde e situará a cidade “na elite europea neste ámbito”.

Segundo explicou Verea, esta será unha das seis factorías europeas concedidas recentemente pola Unión Europea, das que “ata o de agora só existía unha en España e trece en todo o continente”. O dirixente popular subliñou que o proxecto “permitirá acelerar a investigación e a innovación, especialmente nos campos da biotecnoloxía e da saúde”, grazas á incorporación dun supercomputador especializado en IA e dunha plataforma experimental optimizada para este tipo de tecnoloxías.

A fábrica ofrecerá servizos de apoio gratuítos a empresas e centros de investigación e buscará fomentar a creación de startups, o desenvolvemento empresarial, a captación de talento e a xeración de emprego cualificado. Entre os ámbitos de actuación previstos inclúense a medicina personalizada, o envellecemento saudable, a biotecnoloxía azul, a xestión dos recursos mariños, a agricultura, a gandaría, o sector forestal, a bioenerxía e a economía circular, entre outros.

Ademais, Verea destacou o investimento de 56 millóns de euros nas novas instalacións do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que se construirán no polígono da Sionlla e estarán rematadas no verán de 2026. Trátase, segundo precisou, do primeiro proxecto estratéxico de investigación pública de Galicia, recoñecido pola Lei de Medidas Fiscais e Administrativas da Xunta, o que permitirá “axilizar a tramitación e consolidar o liderado internacional de Santiago en supercomputación e I+D+i”.

“Con estas infraestruturas de vangarda, a cidade atraerá novos fondos, investigadores e investimentos internacionais, fortalecendo o seu papel como motor da innovación galega”, afirmou o líder popular.

Por último, Verea celebrou o aumento da achega ao Estatuto da Capitalidade, que nos orzamentos autonómicos pasa de 2,4 a 3 millóns de euros, un incremento do 25 % en dous anos. O portavoz compostelán sinalou que esta suba “é unha mostra do compromiso da Xunta coa cidade” e que “recoñece a Santiago non só como capital legal, senón tamén como capital sentimental de todos os galegos”.

“Sabemos que toda cantidade nunca será suficiente, pero serán os composteláns quen decidan quen está a conseguir avances e quen se dedica ás liortas inútiles”, concluíu Verea.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here