InicioPOLÍTICARaxoi insiste en que os orzamentos da capitalidade son "absolutamente insuficientes"

Raxoi insiste en que os orzamentos da capitalidade son “absolutamente insuficientes”

Goretti Sanmartín, di que agarda "explicacións" pola vertedura no Sar.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, considerou “absolutamente insuficientes” o tres millóns de euros do estatuto da capitalidade, unha contía que supón un incremento do 14% respecto ao exercicio anterior. Preguntada polos medios de comunicación nun acto celebrado este luns, a mandataria municipal lembrou que nos anos 2009-2010 que o Concello de Santiago recibiu 3.180.000 euros, por tanto son cantidades “xa superadas hai moitos anos”.

Ademais, sinalou que existe un informe que xa falaba de ao redor de oito millóns, senón que xa houbo un anterior, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela, que dicía que eran 5 millóns e medio que nos correspondía. “Nós dunha maneira moi prudente sempre dixemos que entendemos que a Xunta non pode pasar de súpeto de 2.400.000 a 8 millóns, pero se que hai que ir progresivamente incrementando de maneira substancial esas cantidades”, destacou.

Por tanto, insistiu en que todo o que sexa “conseguir máis diñeiro para Compostela, é unha boa noticia, pero a cantidade é, sen dúbida, absolutamente insuficiente”. Ademais, remarcou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, incumpriu o “compromiso” manifestado na reunión que tivo con ela de “convocar ao Consello de Capitalidade para poder falar de cales son os estudos, as cantidades e o proceso para conseguir un incremento substancial”.

VERTEDURAS SAR

Por outra banda, defendeu que “actuou desde o primeiro momento facendo o seguimento que podían” na vertedura do Sar e espera que este luns Aquaes remítalle o informe con “todas as explicacións”. Preguntada polos medios de comunicación nun acto en Santiago con respecto á reunión prevista entre o Concello, o promotor da EDAR, Aquaes e Augas de Galicia, Sanmartín avanzou que “espera que poidan darlles todas as explicacións respecto diso do que pasou e pór tamén solucións de face ao futuro”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...