InicioCULTURAO Festival Amal regresa a Santiago coa súa XXIII edición baixo o...

O Festival Amal regresa a Santiago coa súa XXIII edición baixo o lema ‘Todas somos Palestina’

O ciclo de cinema euroárabe proxectará cinco filmes centrados na realidade palestina, con funcións diarias no Teatro Principal entre o luns e o venres

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela convértese esta semana no epicentro do cinema euroárabe coa celebración da XXIII edición do Festival Amal, que se desenvolverá entre o luns e o venres no Teatro Principal. O certame, promovido pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, adopta nesta ocasión o lema ‘Todas somos Palestina’, como chamada á reflexión sobre o conflito na Franxa de Gaza.

A programación ofrece cinco películas palestinas, entre documentais e ficción, seleccionadas co obxectivo de achegar ao público a vida cotiá, a memoria e a resistencia dun pobo marcado pola guerra e o exilio.

O festival inaugurarase este luns ás 20:00 coa proxección de This is Gaza, de Tom Besley, que relata a historia do cineasta Yousef Hammash, quen perdeu o seu fogar durante os bombardeos. O martes será a quenda de Janin, Jenin, de Mohammed Bakri, unha peza que revisita dúas décadas despois o campo de refuxiados de Jenin, escenario da súa primeira película.

O mércores proxectarase The estafe that remains, do recoñecido realizador Elia Suleiman, unha ficción dividida en catro episodios sobre as distintas xeracións dunha familia palestina desde a creación do Estado de Israel ata a actualidade.

A sesión do xoves 23 estará dedicada ao documental Notes on displacement, de Khaled Jarrar, que segue o periplo dunha muller maior obrigada a desprazarse por segunda vez, desta volta desde Damasco ata Europa a través da ruta dos Balcáns.

O venres 24, o festival pecharase con The Encampments, dirixido por Kei Pritsker e Michael T. Workman, que recolle as protestas estudantís de 2024 en solidariedade co pobo palestino.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...