InicioPOLÍTICABorja Verea reclama medidas sociais e máis presenza policial ante o aumento...

Borja Verea reclama medidas sociais e máis presenza policial ante o aumento de incidentes en Santiago

O líder do PP compostelán critica a “inacción” do goberno local e pide un plan plurianual para contratar 100 novos axentes e reforzar a videovixilancia

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, acusou este venres ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta de “non saber ou non querer” afrontar o problema do senfogarismo e os episodios de inseguridadeque, segundo sinalou, “se están multiplicando nas rúas da cidade”.

Verea fixo estas declaracións tras a visita dos concelleiros populares Yolanda Otero e José Ramón de la Fuente á praza de Cervantes, nun contexto que, dixo, “reflicte o cansazo da cidadanía ante a crecente sensación de inseguridade, as pelexas no Ensanche, os narcopisos ou o aumento das persoas sen teito”. “Cada semana hai máis incidentes e non se fai absolutamente nada”, afirmou, asegurando que a situación é perceptible tamén en zonas como a rúa do Franco, Correos ou o Toural.

O portavoz popular insistiu en que o Concello “dispón de instrumentos sociais, sanitarios, de seguridade e xudiciais para actuar, pero non os emprega”, e advertiu de que “cando o senfogarismo deriva en actos violentos, xa non é só un problema de servizos sociais, senón tamén de convivencia”. Por iso, apelou a “escoitar os comercios e os veciños que teñen que convivir con estas situacións”.

Para Verea, “non ter escrúpulos é deixar a persoas vulnerables ou non vulnerables na rúa sen saída”, pero tamén “bloquear vivenda pública por intereses partidistas, consentir a situación do Refuxio de Bando ou os vertidos no Sar”. Engadiu que o PP seguirá denunciando publicamente estes asuntos “no lexítimo exercicio da súa responsabilidade”, aínda que non compartan a información que o goberno lles facilita.

Entre as medidas propostas, o líder popular reclamou un plan plurianual para contratar 100 novos policías locais, co obxectivo de reforzar a vixilancia no casco histórico e no conxunto da cidade, e acadar así un corpo duns 220 axentes, acorde coa poboación real e flotante de Compostela. Ademais, pediu activar as cámaras de videovixilancia, instalar novos dispositivos e mellorar a iluminación pública, que cualificou de “claramente insuficiente”.

Verea concluíu reclamando unha resposta integral que combine intervención social, sanitaria e xudicial, pero tamén maior presenza policial, para garantir “a convivencia e a seguridade” en Santiago.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here