InicioPOLÍTICAO PSdeG reprocha á Xunta que conxele o investimento en Santiago mentres...

O PSdeG reprocha á Xunta que conxele o investimento en Santiago mentres fala de capitalidade

Os socialistas composteláns acusan ao PP de “falta de compromiso” coa cidade e lembran que os fondos previstos están por baixo das cifras de 2009

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do grupo municipal socialista en Santiago, Gumersindo Guinarte, cualificou de “claramente insuficiente” o incremento anunciado polo Partido Popular da achega que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2026 destinarán á cidade en virtude da Lei do Estatuto de Capitalidade.

“É unha cantidade claramente insuficiente, eu diría mesmo que é unha cantidade pírrica. Unha cantidade que está por baixo, moi por baixo, do que os informes da Universidade de Santiago estableceron como que era a cantidade razoable que os orzamentos de Galicia debían achegar a Santiago de Compostela”, denunciou.

Nesta liña, lembrou que o Goberno galego prevé aumentar en 400.000 euros a cantidade asignada, unha subida que, a xuízo do socialista, “non responde as necesidades reais da capital galega nin ao que determinaron estudos académicos”.

Así mesmo, Guinarte incidiu en que a cifra proposta pola Xunta “queda aínda por baixo da que a Comunidade Autónoma achegaba a Santiago de Compostela no ano 2009, precisamente cando a Xunta de Galicia pasou a mans do Partido Popular”. En concreto, Santiago recibirá tres millóns de euros en concepto de capitalidade.

“Despois de 15 anos, a Xunta de Galicia propón achegar menos a Santiago do que xa achegaba no ano 2009. Hai máis de 15 anos. Esta Xunta de Galicia do Partido Popular non respecta a capital de Galicia”, concluíu o portavoz socialista.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...