InicioSANTIAGOGoretti Sanmartín reivindica nos Premios COGAMI “a inclusión que se constrúe e...

Goretti Sanmartín reivindica nos Premios COGAMI “a inclusión que se constrúe e acompaña”

A rexedora compostelá participou na entrega dos galardóns que recoñecen o labor a prol da inclusión das persoas con discapacidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou este venres na entrega dos Premios COGAMI 2025, un acto no que salientou a importancia de entender a inclusión “como un proceso colectivo e sostido no tempo”. Sanmartín, que entregou o recoñecemento ao Labor Empresarial á compañía Vegalsa-Eroski, afirmou que “a inclusión non se improvisa: constrúese, invístese, acompáñase”, e puxo en valor a traxectoria da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), “un movemento colectivo que puxo no centro a quen durante anos quedou á marxe”.

A rexedora compostelá apelou tamén á necesidade de “continuar reescribindo o guión social para que ningunha persoa teña que pedir permiso para estar”, e destacou o papel transformador da entidade ao longo das súas tres décadas e media de historia: “Non hai mirada máis poderosa que a que se transforma. E iso é o que fixo COGAMI nestes 35 anos: cambiar a forma de mirar, de entender, de relacionarnos coas diferenzas, coas capacidades diversas, coas vidas plenas máis aló do estereotipo”.

Nesta edición, os Premios COGAMI 2025 recoñeceron o Concello de Carballo na categoría de Iniciativa Institucional; Vegalsa-Eroski, polo Labor Empresarial; o investigador Ángel Carracedo, pola súa Traxectoria Persoal; e, de maneira honorífica e póstuma, a José Luis Costoya, histórico activista na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

O acto, conducido polo humorista Roberto Vilar e a locutora Eva Millán, contou con actuacións musicais e escénicasprotagonizadas por persoas usuarias dos centros de COGAMI en Mos e da asociación AMBAR de Ribeira, así como co acompañamento musical do trío de jazz formado por Kim García, Jacobo de Miguel e Noli Torres, xunto coa voz de Carmen Rey.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here