InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNFormoso asina en Boqueixón un convenio de 30.000 euros para a Festa...

Formoso asina en Boqueixón un convenio de 30.000 euros para a Festa da Filloa e analiza novos investimentos da Deputación

O alcalde Ovidio Rodeiro destaca que a celebración, declarada de Interese Turístico Nacional, “acada así un novo impulso de calidade”

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este xoves o concello de Boqueixón, onde mantivo un encontro co alcalde Ovidio Rodeiro Tato e os membros da corporación municipal para revisar os investimentos provinciais realizados no municipio e estudar novas liñas de colaboración.

Durante a visita, ambos asinaron un convenio de colaboración de 30.000 euros destinado ao financiamento da Festa da Filloa de Lestedo, organizada pola Asociación Cultural da Filloa en colaboración co Concello. Na sinatura participaron tamén Juan Manuel Silva, vicepresidente da entidade, e os vogais Juan Manuel Corral e Pascual Villaverde.

Formoso subliñou que a Deputación “mantén un compromiso anual con esta festa, símbolo da tradición local e motor de dinamización económica”, lembrando que a institución xa contribuíu á compra da máquina filloeira, capaz de producir ata 800 filloas por hora.

Pola súa banda, o rexedor Ovidio Rodeiro cualificou a achega de “moi importante”, especialmente tras a declaración da Filloa de Lestedo como Festa de Interese Turístico Nacional. “Esta axuda permitirá darlle un toque máis de calidade e visibilidade”, afirmou, ao tempo que destacou “o bo facer da asociación e da veciñanza de Lestedo, que son quen impulsan e organizan a celebración”.

ITINERARIO PEONIL NA DP-1201

A visita institucional serviu tamén para abordar o proxecto de mellora da seguridade peonil na estrada provincial DP-1201, a principal vía provincial do municipio. A actuación, prevista no punto quilométrico 2+250, aproveitará o antigo trazado da estrada, hoxe en desuso, para crear un paseo peonil que conecte con seguridade o Concello, o centro de saúde e o campo de fútbol, dando continuidade aos itinerarios xa existentes. O proxecto será presentado polo Concello para a súa valoración técnica nos servizos provinciais de Vías e Obras.

INVESTIMENTOS E PLAN ÚNICO

Formoso lembrou que Boqueixón recibe este ano 1.215.584 euros do Plan Único (POS+2025), “o maior plan de cooperación municipal de Galicia”, que reparte un total de 138 millóns de euros entre os concellos da provincia. “O Plan Único é unha ferramenta esencial para garantir o equilibrio territorial e apoiar aos concellos máis pequenos”, destacou o presidente provincial.

Na última década, a Deputación destinou máis de 11,7 millóns de euros a Boqueixón, dos que 7 millóns proceden do Plan Único, permitindo financiar 52 obras e numerosos servizos públicos. Entre as actuacións salientan melloras en estradas e camiños municipais (Lamas, Pazos, Cruceiro de Pousada, Loureda), así como proxectos en alumeado público, saneamento, abastecemento de auga e a reparación do parque infantil de San Vicente de Boqueixón.

Formoso concluíu reclamando á Xunta de Galicia un incremento do Fondo de Cooperación Local ata os 200 millóns de euros, para “reforzar o financiamento municipal e garantir unha distribución máis xusta dos recursos entre os concellos galegos”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

Fiestra Aberta reunirá en Santiago a Ataque Escampe, Grande Amore, unha homenaxe a Narf e Miguel Araújo

O ciclo musical 'Fiestra Aberta' regresará a Santiago de Compostela con tres propostas que...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here