InicioCULTURAA Asociación de Amigos da Ópera recupera ‘Non chores, Sabeliña’ e leva...

A Asociación de Amigos da Ópera recupera ‘Non chores, Sabeliña’ e leva a zarzuela galega ao Auditorio de Galicia

A obra de Gustavo Freire e Xosé Trapero Pardo, primeira zarzuela en galego tras a Guerra Civil, volverá aos escenarios o 18 e 19 de outubro en Vilagarcía e Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago continúa o seu labor de posta en valor do patrimonio lírico galego coa recuperación de ‘Non chores, Sabeliña’, zarzuela do compositor Gustavo Freire con libreto de Xosé Trapero Pardo, considerada a primeira escrita en galego tras a Guerra Civil. A obra será representada o sábado 18 de outubro no Auditorio de Vilagarcía e o domingo 19 no Auditorio de Galicia, ambas ás 20:00.

O proxecto conta coa Banda Municipal de Música de Santiago e o Coro do Liceo de Vilagarcía, nunha produción conxunta que suma esforzos para difundir o repertorio escénico-musical galego. A dirección musical e transcrición corre a cargo de Casiano Mouriño, a escénica de José Álvarez e a coral de Josefa Dorado, quen tamén actuará como mezzosoprano. Completan o elenco a soprano Emilia Pérez, o barítono Lucas López e o tenor Víctor Bóveda, entre outros artistas.

O investigador Javier Jurado foi o responsable do estudo e recuperación da partitura, que permite hoxe devolver aos escenarios unha obra esquecida durante décadas. Con humor e retranca, ‘Non chores, Sabeliña’ relata unha historia de amores e desenganos na Galicia rural, chea de lirismo, tenrura e espírito popular.

Tras o éxito das producións anteriores —‘A lenda de Montelongo’ e ‘Miñatos de vran’—, a Asociación de Amigos da Ópera consolida así a súa traxectoria como referente na recuperación da zarzuela galega, un xénero que, grazas a este proxecto, volve ocupar o lugar que lle corresponde na historia musical do país.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here